Burela, a 21 de xaneiro de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do concello de Burela afirmou este xoves que “o goberno socialista da parálisis pretende conceder máis subvención municipal ós colectivos e asociacións que colaboren co concello; as asociacións e colectivos que non colaboren poderían ter menos axuda económica municipal”.
Os populares aseguran que “nas reunións que determinados concelleiros, en concreto os de Turismo, Cultura e Festas, mantiveron estes días para organizar o Entroido e as Festas Patronáis con asociacións e colectivos, deixaron caer esta idea para, según eles, ‘movilizar’ ós colectivos a colaborar na organización destes eventos. De aí á chantaxe hai un paso moi pequeno, que agardamos que non se produza”.
Opinan que “todo apunta a que no réxime de convocatoria e concesión de subvencións municipáis para este exercicio 2016 este criterio teráse en conta. O GMP estará atento porque, de ser así, recurriremos dado que nos parece un factor discriminatorio: a concesión de subvencións municipáis, sexa polo réxime que sexa, debe ter en conta factores obxectivos que teñen que ver coa masa social que move cada colectivo ou asociación, fines que persigue, etc., pero nunca factores subxectivos como é a valoración da colaboración ou non co concello, nin para festas nin para ningún outro evento, ago que se pode calificar como discriminatorio e sectario”.
Os populares din que “o goberno da parálisis pretende facer unha política clientelar e caciquil cos colectivos e asociacións, busca que estes se comporten dócilmente co goberno municipal, que non xeneren problemas e que por riba lles solucionen os que o propio goberno tén: como mostra, indicar que nestas reunión que mantiveron sobre o Entroido e as Festas, demostraron non ter nin idea, e eso que a este goberno o que lle gusta son precisamente as festas, pero que sempre e cando lle las organicen outros”.
Desde o GMP consideran que “nós estamos a favor desa colaboración porque a colaboración entre asociacións e concello é importante, e sempre se buscou por parte dos gobernos do PP, pero tamén sempre sen condicionantes de ningún tipo: como mostra, e hai que recoñecelo, a organización das festas de 2015 que contou con axuda de colectivos pero sin implicación directa na comisión de ningún, e non por eso se lle deixou de conceder subvención a ningún colectivo ou asociación. Pero o que se plantexa este ano roza a discriminación e o sectarismo: ou estás conmigo, e se é así douche máis subvención, ou se non estás xa veremos o que che dou”.
Consideran os populares que “a colaboración ou non dos colectivos e asociacións non pode forzala baixo ningún concepto ou argumento o goberno municipal. As asociacións xa teñen unha vida complexa a maior parte das veces, como para que o concello lles force a facer máis do que poden e deben”.