Lugo, 26 de febreiro de 2016.- O voceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, informou este venres, logo da reunión da Xunta de Goberno, que 13 Concellos da provincia desfrutaron, de xeito totalmente gratuíto, do asesoramento técnico e administrativo que ofrece a Deputación para concorrer aos obradoiros de emprego que ofrece a Xunta de Galicia.
Santos Ramos informou que “os Concellos que recibiron este asesoramento, que ofrecen os Técnicos de Emprego que prestan os seus servizos no organismo provincial, son: Castroverde, A Pastoriza, Pol, Riotorto, Baleira, Xermade, Muras, Guitiriz, Sarria, O Páramo, Guntín, O Corgo e Monforte de Lemos; que solicitan obradoiros, con certificado de profesionalidade, de agricultura ecolóxica, albanelería ou institucións sociais; entre outros”.
A axuda baseouse en dar forma aos proxectos de obra de obradoiros como o de albanelería; a través da Unidade de Proxectos da Deputación; así como proxectos para outro tipo de actividades, como a de agricultura ecolóxica ou servizo a domicilio, feito a través dos dinamizadores de emprego. Ademais, elaboráronse as partes formativas das actividades, co fin de adaptar os certificados de profesionalidade. Por último, os técnicos de emprego crearon o informe final sobre de custe.
O voceiro tamén informou que, a Xunta de Goberno vén de resolver unha nova empresa beneficiada do Ben Empregado, que ofrece un posto de traballo de camareiro en Triacastela. Santos Ramos destacou que “ o vindeiro luns, publicaremos na Bolsa de Emprego outros 6 postos de traballo. Os interesados, terán un prazo máximo de 10 días para poder solicitalos”.
Concretamente, os perfís aos que se poderá optar son: comercial, para traballar en Lugo; peón forestal para Chantada; 1 técnico de Turismo e 1 camareiro de sala para Monforte de Lemos; e 2 cociñeiros para Foz.
Santos Ramos destacou tamén “o éxito e bo funcionamento da Bolsa de Emprego da Deputación, na que hai rexistradas preto de 1.750 solicitudes, dos máis de 70 postos que levamos ofrecidos a través desta ferramenta web; e no Servizo de Guía Laboral hai anotadas 181 persoas para recibir asesoramento e orientación laboral, dos que 121 son presenciais e 60 online”.
Outros acordos
A Xunta de Goberno aprobou a contratación de fundentes para os traballos que o Dispositivo Invernal da Deputación está a realizar na rede viaria provincial durante a campaña deste ano e parte do que vén. A contía ascende aos 73.568 euros, que están limitados ao gasto real das toneladas que sexa preciso empregar. Así mesmo, a Xunta sacou adiante a creación dun ficheiro na Axencia Española de Protección de datos sobre información relativa aos solicitantes dos cursos e obradoiros que ofrece a Deputación a través da Área de Medio Ambiente, tal e como indica a lei.
Ademais, tamén se aprobou o gasto de material non inventariable por valor de 197.284 euros. Trátanse, por exemplo, de áridos para o acondicionamento de vías provinciais e municipais; subministro de alimentación do gando da granxa Gayoso Castro ou servizos de vixilancia, entre outros.























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



