Cervo, 19 de febreiro de 2016.- A piscina olímpica e a Casa da Cultura de San Cibrao acollerán o día 27 deste mes, sábado, as actividades dun curso de iniciación ao mergullo de competición e outro de árbitros autonómicos desta especialidade deportiva. Foron presentados na piscina de Lieiro polo concelleiro de Deportes de Cervo, José Ramón Soto Martínez; o presidente do Club de Buceo Costa de Lugo, Julio Vázquez Pérez; e outros membros da entidade.
José Ramón Soto explicou que “a Escola de Buceo Centro de Actividades Subacuáticas Costa de Lugo e o Concello de Cervo, a través da Delegación de Deportes, impartirán un curso de iniciación ao mergullo de competición e outro de árbitros autonómicos, cuxa convocatoria está aberta a nivel nacional. Recentemente firmouse un convenio de colaboración entre o Concello de Cervo e a Escola de Buceo Centro de Actividades Subacuáticas Costa de Lugo, cuxos froitos comezan a súa andaina con estas actividades. Os cursos desenvolveranse na piscina olímpica e na aula habilitada na Casa da Cultura de San Cibrao. Serán o sábado 27 de febreiro de 2016 e os interesados poden apuntarse ata o 20 de febreiro a través do correo electrónico cascostalugo@gmail.com. A inscrición é gratuíta”.
O concelleiro de Deportes especificou que “no caso do curso de buceo de competición os participantes deben ser maiores de idade e está destinado a mergulladores que dispoñan da licenza B1E ou superior e licenza federativa en vigor. A finalidade do curso é que los participantes coñezan o regulamento xeral e internacional de buceo de competición, que se lles facilitarán en formato PDF. En canto ao curso de árbitro rexional de Competición tamén se deberá ter a maioría de idade e realizaranse prácticas individuais descritivas e de regulamentación con proxección de vídeos así como o coñecemento e a aplicación dos regulamentos correspondentes. Os cursos constarán de dúas partes moi relacionadas: durante a mañá explicaranse os conceptos teóricos e pola tarde realizaranse prácticas na piscina olímpica de San Ciprián”.
E Soto rematou comentando que “os cursos serán impartidos por: Jaime Jaraquemada, árbitro nacional de buceo de competición; Pedro José Casillas, presidente de FEXAS e árbitro de buceo de competición; Pablo Mirat, seleccionador estremeño de buceo de competición, ex seleccionador nacional de buceo e campión de España en 2010; María Teresa Rojo, dúas veces internacional coa selección española absoluta de buceo de competición, subcampioa do mundo en varias probas en 2011; e Teodoro Reveriego, director de competicións de FEXAS e director do XI campionato de España de buceo de competición en 2015”.






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
