Burela, 16 de febreiro de 2016.- O IES Perdouro, como sede das probas de acceso a Ciclos formativos de grao superior, informa que está aberto o prazo de inscrición ata o 26 de febreiro para realizar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior que se convocan para o 20 de abril de 2016.
Ademais o centro educativo sinala unha novidade moi importante desta convocatoria en canto o acceso directo dende un ciclo de grao medio a un ciclo de grao superior. Aqueles titulados como “técnicos de FP” non terán que presentarse ás probas para acceder a estes ciclos formativos.
Convócanse por parte da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativo, de xeito ordinario, probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e grao superior de formación profesional en centros sostidos con fondos públicos para o ano 2016.
Prazo de inscrición nas probas de acceso:
Ciclos formativos de grao superior: Entre os días 15 e 26 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos
Ciclos formativos de grao medio: Entre os días 4 e 15 de abril de 2016, ambos os dous incluídos
Toda a información:
Probas acceso a ciclos formativos de grao medio.
Probas acceso a ciclos formativos de grao superior.
Novidades da convocatoria de probas de acceso de 2016 para ciclos de grao superior
As persoas que posúan un título de técnico de formación profesional ou o título de bacharelato unificado e polivalente (BUP) cumpren os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior e, xa que logo, non terán que presentarse ás probas para acceder a estes ciclos formativos.