Ata o momento son 120 as persoas inscritas para participar nun cruceiro polas illas gregas, Dubrovnik e Venecia do 18 ao 25 de xullo que organiza Amigos das Viaxes. Aínda quedan prazas libres ata completar 150. O prezo é de 1.290 euros con aloxamento en camarote exterior, pensión completa a bordo, cea de gala, espectáculos musicais, clases de ximnasia e uso de tódalas instalacións do barco; ademais das taxas, medios de embarque e desembarque e as viaxes de traslado en autobús. Os interesados e interesadas poden contactar con Jaime Cancio (609 822 649).
Cruceiro polas illas gregas, Dubrovnik e Venecia
Cruceiro polas illas gregas, Dubrovnik e Venecia
Relacionado
-
Obradoiro de tradición oral das mulleres para celebrar o Día das Letras Galegas na UNED de Lugo
-
A Festa das Flores, tamén coñecida como Festa das Fillas de María, vaise celebrar este sábado 17 de maio en Xove, coincidindo co Día das Letras Galegas
-
Celebración das letras galegas na libraría Bahia de Foz