18 de febreiro de 2016.- Axentes da Garda Civil e da Policía Nacional, nunha operación conxunta, desarticularon no marco da operación Blocao un grupo criminal perfectamente estructurado, integrado por cidadáns de nacionalidade marroquí e española, especializado na comisión de delitos contra a saúde pública, tráfico de drogas e branqueo de capitais.
As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado interviñeron a esta organización máis de 130 kg. de haxix, tres vehículos, 79.000 euros, 2.750 dírhams, varios terminais telefónicos e útiles para a distribución e venda de sustancias estupefacientes.
A organización utilizaba, como método de seguridade, vehículos “lanzadeira” cando transportaban a droga procedente do sur de España e Marrocos, sendo frecuente recorrer a vehículos de aluguer a nomes de terceiras persoas, e adoptaban importantes medidas de seguridade no traslado, coa finalidade de non ser interceptados polos corpos de seguridade.
En caso de verse en perigo non dubidaban en darse á fuga, co conseguinte risco para a seguridade vial e para os axentes intervinientes.
A operación
A operación Blocao iniciouse tras intervir, nun turismo que circulaba pola estrada N-640, case 30 kg. de haxix, supostamente destinados para a súa distribución na provincia de Lugo e limítrofes. Garda Civil e Policía Nacional viñan xa investigando a esta organización, polo que uniron as súas pesquisas a fin de desarticular por completo a estrutura delituosa.
En outubro de 2015 procedeuse á detención de dous dos membros máis activos da organización, en plena autovía, cando estaban a piques de entrar en Lugo transportando 20 kg. de hachís, distribuído en bellotas, séndolles ocupados dous vehículos de alta cilindrada.
Algúns dos vehículos utilizados pola banda dispoñían dun dobre fondo e outros habitáculos preparados para a ocultación de sustancias estupefacientes onde, ademais de drogas, ocultaban diñeiro para o seu traslado.
Baixo a dirección e coordinación do Xulgado de Instrución nº 3 de Lugo, levouse a cabo de forma conxunta entre Policía Nacional e Garda Civil esta investigación que durou máis de dous anos e que permitiu desarticular a perigosa organización criminal que distribuía droga por toda a provincia de Lugo.
Este mércores efectuáronse tres rexistros domiciliarios en Lugo capital, nos que se interviñeron 12 kg. de haxix e 21.000 euros en efectivo, e procedeuse á detención de dous súbditos marroquís e un de orixe española, veciños de Lugo e con idades comprendidas entre os 30 e 35 anos.
Procedemento
A droga era distribuída polos integrantes da banda polo miúdo en toda a provincia mediante a venda directa aos clientes cos que contactaban asiduamente, facendo deste xeito máis vantaxosa e lucrativa a actividade, ao non ter que contar con intermediarios na súa distribución.
Dado o volume que distribuían, tiñan que viaxar unha vez ao mes ao sur do país e a Marrocos para comprar importantes cantidades, incrementándose as mesmas a medida que se achegaban períodos estivais e festivos.
Para a súa distribución polo miúdo transportaban as bellotas envoltas nun filme transparente ocultas no interior dun calcetín, que levaban no interior da súa roupa á altura da cintura.