Burela, 23 de Febreiro de 2016. Este mércores 24 de febreiro conmemórase en toda Galiza o día de Rosalía de Castro, no que se pon en valor e fomenta o seguimento da obra e legado da escritora galega. Este ano o concello de Burela vai contar cunha programación de actividades en torno a esta celebración acorde co que Rosalía representa para a cultura galega, despois de que o Bloque Nacionalista Galego, mediante os seus concelleiros en Burela presentara e conseguirá o apoio suficiente como para ser a probada unha moción en relación con este día no pasado pleno de Xaneiro.
O goberno municipal atendeu esta iniciativa dos nacionalistas en pleno e o concelleiro de Cultura, aínda que no pleno mostrou dúbidas acerca da moción considerando que nalgúns puntos se mesturaba con temas políticos, ten preparada unha xornada con actividades en torno á figura da escritora de Padrón. “Podería decir que para nos é moi importante a celebración deste día, pero o certo é que é importante para toda a cultura galega e para toda a nación, polo tanto é fundamental ter presente o que nos une e nos fai singulares como pobo a tódolos galegos” sinalou Mario Pillado.
Á terceira vai a vencida para Rosalía en Burela
Non é a primeira vez que a organización nacionalista presenta unha iniciativa deste tipo nos últimos anos, máis ben ven sendo a norma, posto que por terceiro anos consecutivo se solicita ó equipo de goberno unha conmemoración digna desta sinalada data. Semellaba que o anterior goberno do PP non tiña claro como facelo. “Fai dous anos directamente non se organizou nada por parte do concello e o ano pasado as actividades foron desenvolvidas pola delegación de asuntos sociais sen participación da concellería de Cultura, como se Rosalía non fose unha figura central da Cultura galega” recordou Pillado. “Cando no último pleno o grupo municipal popular puxo tantos problemas para apoiar a moción xa entendimos a que se deberon os atrancos dos últimos dous anos” dixo o voceiro do BNG que recordou que “mentres a nós nos acusaron no mesmo debate do pleno de tentar facer política con Rosalía demostrase que son eles os que antepoñen os seus intereses políticos e os da Xunta fronte ó interés xeral dos galegos”. “Nós defenderemos sempre a nosa cultura porque temos claro que só sendo conscientes de que formamos un pobo lograremos saír adiante e desenvolvernos coma país” rematou.