Lourenzá, 29 de febreiro de 2016.- O Concello de Lourenzá programa actos para conmemorar o Día da Muller Traballadora o vindeiro 8 de marzo, martes. Un deles é unha homenaxe á veciña de San Adriano Felicitas Valiña Andía. As actividades foron presentadas este luns pola alcaldesa, Rocío López, e pola concelleira de Benestar Social, Mercedes Dengra.
O programa para o día 8 de marzo en Lourenzá arrancará ás 15:00 horas no salón de actos do Concello cun espectáculo titulado Maxia pola Igualdade a cargo da ilusionista Fani Triana, que está destinado ao público infantil. As 17:30 horas, tamén no salón de actos municipal, terá lugar unha entrevista seguida dunha homenaxe á laurentina Felicitas Valiña Andía, natural da parroquia de San Adriano, que rexentou ó longo de varios anos unha empresa do sector do moble xunto co seu home.
“As súas vivencias mostran o exemplo dunha muller traballadora e integrada na sociedade daqueles tempos”, manifestou rexedora municipal, quen engadiu que “a xornada concluirá ás 18:30 horas cunha repetición do espectáculo Maxia pola Igualdade, dirixido a tódolos públicos en xeral”.
Rocío López explicou que “os actos programados para este día conmemoran a continua loita da muller pola igualdade co home en tódalas facetas da vida, destacando a participación e integración nos distintos ámbitos da nosa sociedade. Como muller alcaldesa que son, síntome orgullosa de que as mulleres tamén cheguemos a ocupar cargos de responsabilidade nesta sociedade, pero son consciente de que aínda queda moito traballo por facer. Son moitos os avances acadados na igualdade de xénero entre homes e mulleres, pero aínda seguen existindo moitos obstáculos; por iso debemos traballar por un modelo de organización social máis aberto que lle permita ás mulleres compatibilizar a súa vida familiar e laboral. Dende o Concello, e concretamente a Concellería de Benestar Social que preside Mercedes Dengra, invitamos a tódolos veciñ@s a asistir e a participar neste día tan emblemático”.























Subliñou tamén a unión veciñal arredor desta cita gastronómica, que comparte protagonismo con outras festas da contorna. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, incluído nun programa que reúne artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, terá lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



