Mondoñedo, 10 de febreiro de 2015.- O Concello de Mondoñedo inicia este mércores as obras previas á rehabilitación do edificio na Praza da Catedral para o que será a Casa Museo de Cunqueiro. A actuación, previa á definición completa do proxecto de rehabilitación da casa na que viviu o escritor, vai encamiñada a coñecer o estado de conservación estrutural e os sistemas construtivos.
O orzamento correspondente a esta fase da obra alcanza un total 15.767,70 euros. As obras foron adxudicadas mediante un contrato menor a unha empresa local. O Goberno municipal traballa agora na licitación do proxecto, cuxo orzamento para 2016 ascende a máis de 170.000 euros.
A alcaldesa, a popular Elena Candia, subliña que o obxectivo do proxecto completo “ademais de por en valor a edificación, pretende ser unha lembranza viva ao ilustre escritor, polo que se tratará de que sexa un centro dinamizador e un proxecto cultural ambicioso”.
A actuación global tentará recuperar a integridade estrutural e compositiva da edificación na súa volumetría actual intentando non só conservar senón mostrar as singularidades desta construción que se entende demostrativa dun tipo de construción tradicional propia da zona e do tempo en que foi construída.
Tratándose dunha casa museo tentarase a reconstrución dos espazos cos materiais, as luces e os obxectos que tería cando habitaba Cunqueiro co gallo de que o visitante poida sentir integramente o ambiente no que vivía.
Actuacións previas
Nesta fase de actuacións previas que comeza hoxe farase o baleirado completo da edificación que nestes momentos está cheo de escombros.
Amais, realizaranse escavacións arqueolóxicas na planta baixa, continuando as que xa se fixeron polos anteriores propietarios e das que resultou a aparición de interesantes restos construtivos doutras épocas.
Faranse catas nas paredes buscando restos de pinturas que poidan ser de interese para a súa conservación. Para iso, previamente eliminarase a cal das paredes, o que nos permitirá ler nos seus muros a súa historia.
Eliminaranse falsos teitos e solos construídos sobre o entramado estrutural e realizaranse catas nos elementos estruturais para avaliar ata onde lles afectou o paso do tempo ou o ataque dos insectos xilófagos.
Unha vez a vista estrutura, muros, tabiques e solos valorarase o seu estado de conservación para poder mantelo ou recuperar o máximo posible todos os elementos do edificio. Aqueles nos que non sexa posible serán substituídos por outros de similares características na medida que o permita a normativa vixente e o novo uso público do edificio.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



