Aínda quedan prazas libres para poder anotarse ao curso de novas tecnoloxías para maiores de 55 anos que dará comenzo o vindeiro 16 de febreiro no Valadouro e se estenderá ata finais de maio.
Con este curso sacaránlle máis partido ao seu smartphone, aprenderán a usar as aplicacións máis cotidiás, así coma outras máis novedosas. Tamén haberá apartados para a estimulación da memoria que se farán a través tanto das aplicacións como de xogos.
Os días e horarios para a realización do mesmo serán os martes e xoves de 11.30 a 13.00 horas.
Os interesados poden inscribirse ou solicitar máis información nas oficinas da Casa do Concello do Valadouro en horario de 08.30 a 15.00 horas de luns a venres.