Lugo, 26 de febreiro de 2016.- A estrutura orgánica do partido debe prestar unha atención especial ó municipalismo. Os alcaldes e voceiros deben contar co seu propio foro, un Consello Municipal, no que poñer en común os seus problemas e as solucións que adoptaron para resolvelos.
“Está claro que, en principio, as peculiaridades da Mariña fana moi diferente á Ribeira Sacra. Haberá ocasión en que os problemas dunha non teñan que ver cos da outra, pero tamén é evidente que hai necesidades e demandas que son comúns a todos os concellos da provincia”, explica a candidata Raquel Arias.
Os alcaldes e voceiros municipais teñen ademais que ter contacto directo cos senadores e deputados, xa sexan provinciais, autonómicos ou nacionais, para coñecer qué se está a facer nas diferentes cámaras e en qué grao vai a afectar ou repercutir no seus concellos. Ese contacto directo ten que servir tamén para que as súas necesidades e propostas cheguen ós parlamentos e sexan abordadas neles.
Deputados e senadores teñen ademais que dar conta periódica da súa actividade e mesmo explicar, por exemplo, os procesos que se están a desenvolver nos respectivos parlamentos á hora de aprobar unha lei ou reformar unha normativa vixente, así como escoitar as demandas e necesidades que lle trasladen os militantes e veciños en xeral. Con este fin crearase a Oficina do Cidadán, que se ubicara nas sedes das propias agrupacións locais do PP de Lugo.
“A nosa pretensión”, di Raquel Arias, “é recuperar a figura da oficina do deputado, contemplada nos estatutos do partido a nivel nacional, que chegou a poñerse en marcha na provincia de Lugo pero que quedou se uso”.
Na opinión de Arias, este contacto directo e continuo entre afiliados e representantes electos, que podería ampliarse á cidadanía en xeral, resultará “frutífero e enriquecedor” para ambas partes e redundaría no fomento da participación e da transparencia a todos os niveis da estrutura da formación política.
Tanto o Consello Municipal como a Oficina do Cidadán estarán integradas na área dedicada á coordinación institucional, que xunto coa de participación, representación territorial e acción sectorial, conformarán a estrutura da executiva provincial do Partido Popular de Lugo.



















A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



