O Deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos Ramos, avanzou este mércores que o organismo provincial pon en marcha un novo servizo de asesoramento gratuíto en impulso do tecido empresarial. Santos Ramos explicou que esta prestación se inicia coa participación das 474 entidades de toda a provincia que resultaron beneficiados do Ben Empregado co obxectivo contribuír ao mantemento dos 523 postos de traballo que subvenciona a Deputación unha vez rematada esta programación. Posteriormente, nun prazo aproximado de 2 meses, esta Carta de Servizos a Entidades ofrecerase ao conxunto do tecido empresarial da provincia.
Serán os traballadores da Área de Promoción Económica e Social os que ofrezan este asesoramento ás empresas luguesas de xeito presencial, no Pazo de San Marcou ou nas propias instalacións das entidades; ou telematicamente a través de email ou teléfono. Toda a documentación publicarase nos vindeiros días en www.deputacionlugo.gal. Máis información en 982-260-227/982-260-085.
Carta de Servizos a Entidades
A Carta de Servizos a Entidades inclúe o seguinte asesoramento:
1º.- Información sobre axudas e subvencións. Estase a elaborar unha base de datos con todas as axudas existentes, e que se irá actualizando periodicamente, para que os empresarios e emprendedores lucenses teñan ao seu alcance toda a información sobre as axudas ás que poden concorrer.
2º.- Creación de Boletíns informativos, nos que se explicarán mensualmente ás empresas que se sumen a esta iniciativa, toda a información que poda ser do seu interese.
3º.- Asesoramento legal, por exemplo sobre a Lei de Protección de Datos ou a Lei de Servizos da Sociedade da Información e Comercio. Ademais, tamén se afondará en aspectos como, por exemplo, os estatutos dos traballadores e convenios, entre outros.
4.- Asesoramento en TIC’s, no que se explicará ás empresas a importancia de introducir as novas tecnoloxías nos modelos de negocio actuais: redes sociais, correos corporativos para traballadores, ou incluso sinatura e facturación electrónica…
5º.- Promoción e impulso do networking interno e externo, así como a importancia da publicidade das empresas. A través do networking promoveranse a realización, de xeito conxunto entre as empresas que o desexen, seminarios e xornadas para, por exemplo, conseguir reducir custos na compra de material ou facer campañas de publicidade conxuntas, que aumenten as ventas e melloren a imaxe das empresas e entidades da provincia.
6º- Aforro enerxético e a racionalización do gasto. Poremos a disposición das entidades os expertos da axencia provincial da enerxía, para que ofrezan medidas de optimización enerxética que permitan, polo tanto aforrar custos ás empresas.
7º.- Contacto directo cos diferentes departamentos da Deputación.





















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



