A Deputación de Lugo retirou este mércores a bandeira de Europa do Pazo de San Marcos en protesta polo acordo da Unión Europea con Turquía sobre as persoas refuxiadas. Este establece deportacións ao país turco a todos os inmigrantes económicos e demandantes de asilo que cheguen a Europa, a cambio de que os Estados Membros recoloquen o mesmo número de refuxiados asentados en Turquí, o que se coñece por “un por un”.
Este acordo, asinado o pasado 7 de marzo polo Consello de Europa con Turquía, amosa unha profunda insensibilidade tanto da Unión Europea como dos Estados Membros ante a gravísima crise humanitaria das persoas refuxiadas que tentan entrar en Europa para fuxir dos seus países de orixe, actualmente asolados pola guerra.
Europa está a eludir a súa responsabilidade, ademais de incumprir a legalidade internacional de dar resposta aos milleros de persoas refuxiadas que se amorean nas fronteiras. Con este plan, a UE vulnera a protección que o dereito internacional lles recoñece ás persoas que demandan asilio, considerándoos “ilegais”.
Acordos económicos
Europa chegou un acordo co país turco polo que a UE achega 3.000 millóns polos custes de xestión desta crise, así como outra partida idéntica en 2018. Ademais, neste acordo vai implícito coa eliminación do requisito de visado para as cidadáns turcos en Europa a partires de xuño de 2016 así como a entrada de Turquía en Europa, a pesares das reiteradas violación dos dereitos humanos e fundamentais do Goberno de Erdogan.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



