Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2016.- A nova edición do Festival Mondoñedo é Poesía regresa en 2016 cun programa dirixido a lle achegar á cidadanía este xénero literario, a través da posta en valor do patrimonio literario mindoniense e das voces actuais das letras galegas. Con este obxectivo, a terceira edición do evento, que se celebrará o vindeiro 1 de maio no municipio lucense, contará coa participación de destacadas figuras, como María Lado e Lucía Aldao, Antonio García Teijeiro, Mª José Fernández, Antía Juncal, Martiño Maseda, Darío Xohán Cabana, Mateo Buján, Margarita Bermúdez, Moncho García, Raúl Costas, Xosé Ruíz Leivas, Xosé Artiaga, Carmen Rodríguez Lage e César Morán, xunto co Coro Mestre Pacheco.
Estes autores e autoras serán os protagonistas do recital poético na rúa que se desenvolverá a partir das 18:00 horas nas prazas da Catedral, do Concello e Jaime Cabot. A continuación, o auditorio Pascual Veiga será o escenario dun recital poético-musical en homenaxe ao poeta asturiano e bispo de Mondoñedo Manuel Fernández de Castro.
A programación desta terceira edición do festival foi presentada hoxe na Cidade da Cultura de Galicia polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; pola alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia; polo presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto; e por Antonio Reigosa, membro do colectivo Mondoñedo É. Estas dúas últimas entidades son as promotoras dun festival que conta un ano máis coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura e do Concello de Mondoñedo, e que se desenvolverá o primeiro día do mes das letras en diversas prazas e rúas do concello mindoniense, aínda que na véspera, o 30 de abril, xa comezarán algunhas das propostas.
Ese día, terá lugar a iniciativa ‘Debuxando Mondoñedo’, así como a ‘Expo-libro Mondoñedo’, que se prolongará ata o 1 de maio. Estas actividades paralelas completaranse coa exposición fotográfica ‘Mondoñedo sentimental. Vidas e paisaxes’ e cun ‘Tendal de poesía’, que amosará diversos traballos realizados por escolares.
Divulgación da poesía en galego
Mondoñedo é Poesía ten como principal finalidade achegar este xénero literario á rúa para a súa difusión entre todos os públicos, poñendo en valor o patrimonio literario mindoniense en particular e o galego en xeral. Partindo do legado literario de figuras como as de Álvaro Cunqueiro, de Leiras Pulpeiro, Díaz Jácome e moitos outros escritores nados en Mondoñedo ou que tivesen este concello como lugar de formación ou inspiración, o festival quere dar a coñecer novas figuras literarias que cultivan a poesía en galego a través de actividades dirixidas a todas as idades.
A Academia de la Llingua Asturiana, o IES San Rosendo, o CEIP Álvaro Cunqueiro e a Deputación de Lugo tamén apoian a terceira edición do festival.






















O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



