Burela, 19 de marzo de 2016.- Vista Alegre e o Burela FS Pescados Rubén aliáronse na tarde deste sábado para non deixar escapar da Mariña a oitava praza nun intenso duelo fronte ao Peñíscola RehabMedic (3-2), por momentos certamente louco, cun primeiro acto cuxo equilibrio se reflectiu no marcador ao descanso (1-1) e un segundo capítulo con máis méritos dos laranxas.
Adiantouse o Peñíscola cunha punteira de Juanqui en pase longo de Yeray; aínda non se cumprira o minuto 4 de xogo. Repúxose o Burela FS xerando perigo; a primeira grande ocasión protagonizouna Iago Rodríguez no minuto 8, desbaratada polo largueiro. Superado o ecuador da primeira parte, Bruno tivo o empate nas súas zapatillas tras recuperación de Chano; fronte a Gonzalo, só, o balón raso foise desviado. Pouco despois o meta de Peñíscola apareceu brillantemente ante Chino. No 13, a madeira volveu frustrar as intencións envelenadas dos de Daniel Ibañes; soubo encarar Chano a Juanqui achegándose á área visitante, aínda que non puido rematar Petry, outra vez ao pau. Gonzalo, o mellor do Peñíscola na cita, freou a zurda de Chano no 18, pero nada puido facer a falta de 57 segundos para o descanso ante a virtuosidade do 11 laranxa recibindo en pívot. Antes, con menos traballo que o seu homólogo nas filas rivais, Edu estivo perfectísimo ante doble perigo.
Regresou a contenda sobre o parqué con 1-1, con máis espreita dos mariñaos. Co paso dos minutos, o encontro cobrou en rapidez e intensidade, con momentos sen dominador claro. Rozando a medianía da segunda parte, ambos porteiros se alzaron como os grandes protagonistas, primeiro Gonzalo ante Iago Míguez e Iago Rodríguez e despois Edu ante Yeray. Volveu ser obstáculo o 1 de Peñíscola a balón parado de Chino, pero o goleador seguiu insistindo tirando de eficacia en picada de Isi para anotar o 2-1 (minuto 30). Respondeu ao momento o Peñíscola co 2-2 de Juanqui. O Pescados Rubén, cun Chano moi incisivo, encontrou de novo a vantaxe nun penalti transformado polo 11 laranxa, tan só un minuto despois. A falta de catro para o final, os de Carlos Sánchez saíron con Yeray en xogo de cinco. Tivo Iago Míguez o 4-2 fronte ao porteiro-xogador no 37, chocando co corpo do rival. Mantívose moi sólido en defensa o Burela FS con Edu moi inspirado. Aínda dispuxeron os mariñaos dun dobre penalti nos últimos segundos que Chino estrelou contra o corpo de Iván Reverte.
Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Iago Míguez, Iago Rodríguez, Carlitos, Antoñito, cinco inicial; tamén xogaron Chano, Isi, Bruno, Chino
Peñíscola RehabMedic FS: Gonzalo, Juanqui, A. Verdejo, Eric Martel, Asensio, cinco inicial; tamén xogaron Josiko, Yeray, Carlinhos, Míchel, Javi Alonso, Fran Conde, Iván Reverte
Goles: 0-1, minuto 3, Juanqui; 1-1, minuto 19, Chano; 2-1, minuto 30, Chino; 2-2, minuto 31, Juanqui; 3-2, minuto 32, Chano (penalti)
Árbitros: Gallo Suárez // Velasco Martínez (Asturias). Por Burela amarela Chino (minuto 27), Antoñito (minuto 40), Carlos. Por Peñíscola amarela a Juanqui (minuto 11), Eric (minuto 27), Míchel (minuto 32), Josiko (minuto 33), Carlinhos
Incidencias: Partido correspondente á 24ª xornada da Primeira División da LNFS disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 800 afeccionados. Minuto de silencio antes do pitido inicial polo falecemento de Sara Mon, nai da cofundadora de Pescados Rubén SL, Cesarina Fanego.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
