Burela, 19 de marzo de 2016.- O Burela FS Pescados Rubén non fallou nunha nova cita con aroma a derbi impoñéndose por un claro 1-6 ao Cidade das Burgas. O acerto de Gaby por partida tripla e de Dany no segundo outorgoulles os tres puntos ás laranxas que chegaron ao descanso cun axustado 1-2, sempre mandando no resultado.
Inaugurou o electrónico o equipo de Lucas no minuto 9, en contraataque de Peque que culminou a brasileira Dany. A 7 laranxa volveu recuperar para ampliar distancias nun pase ao segundo pau que recolleu Ceci no minuto 12. As de casa aproveitaron tamén o contragolpe para achegarse no marcado, aproveitando Vane Sotelo un erro de saque desde a portería burelista.
Tras o descanso, ao Burela FS Pescados Rubén tocoulle armarse de paciencia para pechar a contenda. Superado o ecuador do segundo acto e coa expulsión de Maite tras ver a segunda amarela, as laranxas tiraron de coraxe para subir o 1-3, de Gaby e o 1-4, de Dany, en tan só 1 minuto (31 e 32). O tándem brasileiro volveu xerar o nerviosismo nas filas ourensás na recta final para asinar o 1-5, con pase desde a banda de Dany a Gaby. Esta última puxo o broche de ouro (1-6) ao triunfo irmandiño no último minuto nun roubo fronte ao Cidade atacando de cinco.
Ficha técnica
Cidade dás Burgas FS: Antía, Lucía Nespereira, Vane Sotelo, Iria, María Arias, cinco inicial; tamén xogaron Candea, Albiña, Nerea, Ana
CD Burela FS Pescados Rubén: Andrea, Dany, Peque, Bea Mateos, Maite, cinco inicial; tamén xogaron Gaby, Lara, Claudia
Goles: 0-1, minuto 9, Dany; 0-2, minuto 12, Ceci; 1-2, minuto 15, Vane Sotelo; 1-3, minuto 31, Gaby; 1-4, minuto 32, Dany; 1-5, minuto 38, Gaby; 1-6, minuto 39, Gaby
Árbitros: González Lubián e Vidal Araújo (Galicia). Polo Cidade amarela a Vane Sotelo (minuto 18), Iria. Por Burela FS amarela Andrea (minuto 10), Peque (23), Maite (expulsión no minuto 29 por dobre amarela)
Incidencias: Partido correspondente á 21ª xornada de Primeira División RFEF, disputado no pavillón Vos Remedios de Ourense






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
