A chegada da primaveira sucede na franxa costeira do norte galegos unha cousa inesquecible: é unha entrada de supeto de bo tempo. O nordes, vento seco, fresco, franco, adoita entrar, neste tempo, das sete ás oito da mañá, e ás veces un pouco antes. A hora é ben axeitada. O sol atópase, aínda, no seu momento máis xuvenil; a diversa coloración que ten a terra nas primeiras horas do día non desapareceu ainda; aínda hai sombras fermosas cheas de unha coloración voluminosa e palpable. O mar, en calma, ten unha somnolencia oleaxinosa, sobre a cal empezan a envorcarse as primeiras raiolas quentes, rutilantes, do sól de amencida. Dende o mar séntense cantar os primeiros paxaross . En no aire queto hai un fedor suspenso e denso. E nas pedras de unha parede, a luz ten unha claridade que tende a cegarte.
E máis aló da cabeza da Coelleira , baixo o horizonte, vese unha pincelada verdosa que adianta encol a terra. A ria de Viveiro, a mancha precedida de unha soplada deaire- un pouco de nordestel. Ese aire que o comenzo parece unha raiola vaga e perdida, riza a superficie da auga. As miúdas olas, pequeniñas, parece que queren brincar sobre o espazo líquido facendo un minúsculo ruído cristalino. Pero o vento vai chegando enchido n nunha dirección fixa: A nordesia donde a atmosfera queda suavizada, pásanos pola pel como unha caricia, a reverberación pesada da terra tende a facerse máis lixeira. Ás portas, as redes das cortinas alzan un pouco o voo e inchanse facendo un un cric-crac vivíssimo; os contraventas das fiestras medio pechadas se axitan lixeiramente; como si de supeto espertásense, as follas das árbores póñense a repiquetexar; os piñeiros parecen aumentar a verde e llustrosa brillantina; con a entrada do vento vén tamén unha agasallada de luz deslumbrante; O branco do cal vólvese máis lixeiro e máis delgado; as miúdas linguas de lume que flotan brilantes, sobre a area asolelada do areal enervanse co paso do vento e parecen fuxir sobre a area de cor rosa; o ceo, sen unha nube, de un gris azulado inmenso e monótono, colle un punto azul máis fresco, e ao lonxe a longa mariña . É unha transfiguració que se produce soio en dous minutos .
O vento aumenta; A oleada fai o primeiro espumaxe branco; o embate da ola cae; despois e volta a nacer. O triángulo indolent de unha vela deslizase e fuxe da vista. Empézase a sentir o ruído lixeiro das augas sobre os penascos. Séntese a succión da area da praia aspirando da auga as oleadas que chegan. As olgas , verdoses e negras, ondulan indiferentemente, coas augas que van e veñen. De supeto, séntese o ruído de unha fiestra que se pecha de vez. O vento o ocupa todo. A paisaxe, que coa calma era, xuntanza de terra e de luz, un pouco ríxido, parece entrar, co vento sen límites, na respiración da vida.
Otero Regal.