Ribadeo, 16 de marzo de 2016. O presidente de Acisa Ribadeo, David Martínez, asegura que estes están a ser días de intenso traballo para a nova directiva do colectivo, que realizará campañas e accións encamiñadas a conseguir que cada vez máis xente achéguese a Ribadeo a gozar da localidade, do seu comercio e da súa hostalería.
Martínez sinala que “desde a nova directiva estamos a empezar esta andaina, levamos poucos días e somos moita xente nova. A sorte é que somos moitos e que todos os sectores están representados: hostalería, comercio e servizos. Entre todos tentaremos facer campañas novas, e seguindo tamén a liña iniciada nos últimos anos por Francisco Iriarte”. O presidente de Acisa destaca que “Ribadeo é un importante eixo comarcal, queremos seguir nesa tónica e mellorar todas as accións e actividades para que cada vez veña máis xente a Ribadeo e para que cada vez coñézanos máis xente. Iso será bos para todos, para o comercio, para a hostalería”.
Día do pai
Acisa ten en marcha desde o pasado 2 de marzo o VI Concurso Fotográfico Día do Pai no que repartirá 550 euros en vales de compra. Na convocatoria particípase en dúas modalidades: redes sociais e vía postal. Son 21 as imaxes que se poden votar a través da aplicación habilitada no facebook da asociación. A foto que reúna máis me gustas na modalidade de redes sociais recibirá o premio do público, que está dotado con 100 euros en vales de compra.
E entre as imaxes máis votadas nas redes sociais e as enviadas por correo postal ser elixirán os gañadores por parte dun xurado profesional, que estará composto por dous representantes de Acisa (presidente e vicepresidente) e tres fotógrafos profesionais: Foto Miguel, Servicios Audiovisuales El Farero e Makfoto. O primeiro premio do xurado recibirá 200 euros en vales de compra, o segundo levará 150 euros en vales de compra e o terceiro premio será agasallado con 100 euros en vale de compra.
David Martínez indica que “hai moita afección á fotografía, hai moita xente participando e votando a través das redes sociais. E a finais de semana coñeceremos a imaxe elixida polo público e as fotografías seleccionadas polos nosos expertos”.
As fotos gañadoras expoñeranse no escaparate de Foto Miguel. A directiva de Acisa agradece a participación e colaboración do xurado no VI Concurso Fotográfico Día do Pai.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



