Hai persoas que se adican a colorear as formigas dun formigueiro. Cada formiga ten un código de cores que a fan única; é a única forma de seguir a actividade de cada un dos membros dunha comunidade na que todos se parecen a todos. Isto é o que fixo un investigador de Arizona, que se chama Daniel Charbonneau, xunto con Anna Dornhaus. Esta investigadora anestesióu unha por unha a 1.200 formigas e pintounas (unha a unha) cun código que permite identificar cada individuo. Imaxínala chegando a casa?. – Agarimo, hoxe hei ter un día fodido. perdín dúas formigas na reanimación e unha espertouse antes de acabar. Hoxe só pintei 200 barrigas de formigas.
Os resultados din que o formigueiro está dividido en tres grandes grupos de obreiras. Hai unhas poucas que son as inquedas, as que non paran de traballar. Buscan comida, aventúranse, resolven problemas e, en definitiva, anticípanse aos cambios cunha gran actividade. A maioría do formigueiro está integrado por obreiras que fan o seu traballo e pouco máis. Tómanse o seu tempo para facer as actividades, descansan a miúdo e reaccionan mal ante os cambios e os problemas. E para ficar, e este é o principal achado, a carta parte do formigueiro simplemente non fai nada. Nada de nada. Descansan permanentemente. Ti mirabas un formigueiro con formigas sen colorear e pensabas que ás veces descansan logo dun esforzo, pero agora sabemos que non: Que algunhas non fan nada, que descansan permanentemente.
Cóntolles isto porque me parece que poderiamos facer unha curiosa analoxía co mundo real de aquí mesmo. Coas sociedades humans enfrontadas ao cambio. Ante un mundo en transformación, uns poucos reaccionan positivamente; si teñen éxito, a maior parte do colectivo reaccionará. E sempre quedará un grupo amplo que nunca se adaptará.
Charbonneau defende ás formigas perezosas. Un formigueiro no que a cada cambio externo houbese unha reacción histérica, consumiría demasiados recursos. Está ben que un grupo pequeno aventúrese no novo escenario, pero é sensato que a maioría quédense no estado previo. Non sexa que gastemos demasiada enerxía colectiva en algo que non merecía a pena. Pensaba isto saíndo dunha charletaa na que nos aventuraban cambios radicais. E propoñíanos unha movilización colectiva. E, ás veces, penso, basta con atopar unhas poucas formigas coloreadas, con espírito explorador, que reaccionen entusiastamente aos cambios. Si todo sae ben, serán os heroes que recordaremos nos anales da historia. E si fracasan, uns tolos, unhas formigas histéricas que non souberon gozar do delicioso sol de primaveira, cando a herba aínda está humedecida, e as raiolas de sol asoman pòr A Gañidoira.
Otero Regal.