Lugo, 29 de marzo de 2016.- A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, considera que o debate orzamentario celebrado na mañá deste martes en pleno responde a “un claro modelo ditatorial, no que o bipartito tratou de limitar as accións dos deputados”. Candia afirma que “a provincia de Lugo non se merece este Goberno na Deputación, pero non será o PP o que bloquee a recepción de fondos aos concellos”.
“Recorren a manobras políticas para evitar incluír as propostas dos outros grupos”, di Candia, quen engade que “é a primeira vez que nos atopamos con que non se votan as emendas no pleno cando existen informes de Intervención nos que se poden interpretar unha posición favorable ás nosas emendas ao Orzamento”.
Ante isto, Candia pediu un receso para coñecer a legalidade deste proceso e confirmar xuridicamente este novo escenario, que non foi aceptado. Polo tanto, hoxe aprobouse un orzamento que “non nace froito do consenso” e en cuxo debate se visualizou que o presidente da Deputación “non controla o Goberno, nin o pleno, nin ten capacidade de diálogo aínda cando lle ofrecen todo para chegar a un acordo á hora de elaborar os orzamentos da Deputación”.
Pese ao esforzo do PP para chegar a un debate dos orzamentos “con normalidade e dar unha imaxe de consenso en beneficio de todos os lucenses, vostede preferiu dar un espectáculo do que os veciños xa están cansados”, lamenta Candia en referencia ao presidente provincial. “Non admitiu que non ten maiorías, nin que non ten capacidade negociadora e deste xeito non vai chegar a acertar no Goberno da Deputación”, engadiu.
A popular lembra que o Goberno provincial bipartito ‘vendeu’ en outubro que ían restablecer a normalidade democrática, presentaron unha proposta dos orzamentos nese mesmo mes no Parlamento e hoxe en marzo “meses despois”, matiza Candia, volven cun proxecto de contas que non modifican, agás algunhas escasas achegas que inclúen por proposta do PP.
Emendas do PP
O PP pediu un reparto equitativo, xusto e legal dos fondos públicos entre todos os concellos da provincia; con este obxecto solicitouse un incremento do Plan de Obras e Servizos (POS) e do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), o único aspecto modificado no orzamento a proposta do PP, aínda que non na contía que desexaban os populares. O PP tamén conseguiu garantir obras en 33 concellos.
Ademais, dende o Grupo Provincial do PP presentáronse emendas para evitar o reparto dixital das subvencións públicas e que as concesións destes fondos fosen aprobadas polo máximo órgano, o do Pleno, “o que é o máis claro exemplo de respecto á transparencia e da legalidade”, indica Candia.
Por último, os populares solicitaban que se respectasen os acordos que se adoptan en pleno, ou por parte do presidente provincial (tanto do actual como anteriores) e que contasen con informes favorables dos funcionarios correspondentes. “É o sentir común en calquera estado democrático”, esgrime a voceira dos populares.


















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



