Madrid, 29 de marzo de 2016.- A Comisión de Industria do Congreso aprobou este martes unha Proposición non de Lei na que se insta ao Goberno a continuar impulsando medidas que favorezan o emprego nas plantas de Alcoa, da Coruña, San Cibrao e Avilés.
O deputado popular galego Jaime de Olano mostrou o apoio do Grupo Parlamentario Popular para instar ao Goberno a promover un pacto de Estado da enerxía, un modelo baseado nas enerxías renovables, a eficiencia e a xestión intelixente da demanda.
Mediante unha enmenda transacional entre varios dos grupos parlamentarios, a Comisión aprobou por unanimidade establecer medidas para fomentar a implementación de plans de investimentos que favorezan a eficiencia energética, rebáixaa de emisións, a innovación e a creación de valor engadido nestas grandes industrias. Neste sentido, Olano destacou que na actualidade xa existe un fondo nacional de eficiencia enerxética, dotado con 115 millóns de euros, e destinado precisamente a favorecer ese aforro enerxético, a rebaixa de emisións e o desenvolvemento da actividade produtiva.
O deputado mariñao destacou na súa intervención que o PP demostrou, tanto desde o Goberno Central como desde a Xunta de Galicia, un compromiso rotundo coas empresas grandes consumidoras de enerxía, e moi singularmente coa multinacional Alcoa.
Finalmente, a Comisión de Industria acordou tamén solicitar á U.E. que esixa que os produtos procedentes de China cumpran os compromisos adquiridos no Protocolo de Adhesión de China á O.M.C.

















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



