Foz, 28 de marzo de 2016.- O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, fai un balance moi positivo da tempada de Semana Santa, que contou con gran afluencia de xente tanto nos actos litúrxicos como na Semana da Música ou na Ruta das Tapas.
“Desde o Concello de Foz facemos unha valoración moi positiva sobre todo na afluencia de visitantes no noso concello, que se está consolidando como un destino turístico de Semana Santa. Practicamente tódolos actos que se fixeron arredor da Semana Santa, tanto litúrxicos como os da Semana da Música ou a Ruta das Tapas, organizada pola ACIA de Foz, en todos eles houbo éxito de participación, de visitantes e de persoas que xa son practicamente do concello, xente de segunda residencia que decide visitarnos tódolos anos, a verdade é que a pesar do mal tempo podemos estar moi contentos de como estivo o pobo”, manifestou Javier Castiñeira.
Ademais o rexedor focense subliña que “o balance é moi bo e a hostalería en liñas xerais fai tamén un balance óptimo do que foi comercialmente a Semana Santa e isto augúranos un verán en positivo. Quédannos agora uns meses para ir preparando a época estival, pero sen dúbida algunha a verdade é que promete posto que, sen ter un tempo especialmente bo, a ocupación foi moi boa. A igrexa de San Martiño estivo a tope de visitas, os paseos tamén e en xeral o pobo estivo moi ocupado. Polo tanto o balance é moi bo para todos e esperamos que siga así este ano”.






















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



