A visita pola mañanciña á praia de Llás, en horas de soidade, constitue unha ledicia que hai que experimentar coa sensibilidade receptiva para poder precibila en toda a dimensión.
É esa primeira hora na que o sol, que sae por leste,derrama os raios aínda dun bermello alaranxado, tinguindo de insólito corido un espazo inmaculado que só se ve alterado polo rítmico acaneo da elegante silueta das lanchas que, pretiño da costa,faenan coas nasas. Un bando de mazaricos, saltaríns e rebuldeiros, precédennos en desfile xubiloso e nos acompañan na primeira camiñada pola beiramar. As ondas morren aos nosos pés e chéganos o acompasado rumor do seu vaivén: escena de idílica beleza que prtendemos absorver, respirando fondamente. .. De súpeto prodúcese o inusitado: ós nosos oídos chega a doce melodía dunha gaita que soa no areal, ó noso carón: un arrogante gaiteiro lanza ó ar as notas, ledas unhas, tristeiras outras, na soidade da praia de Llás. Os sons sublímanse en marco tan excepcional e veñen á nosa memoria aqueles versos de Curros Enriquez:
“Músico a un tempo e poeta/ algunha fada secreta tiña / con que conmovía;/ pois nunca dunha palleta / saíra tan doce harmonía”.
Impresionados por canto acabamos de vivir abandonamos o areal e de contado voltamos á vulgaridade que a cotío nos ofrece a man depredadora do home, coa danza arrítmica e irracional do cemento que masacra paraxes naturais e panorámicas de singular beleza; rúas franquedas por alturas que rachan con toda harmonía; espazos públicos invadidos polo mostro de formigón e asimetrías de volumes que agreden a harmonía do entorno, ferindo a sensibilidade visual e o mais elemental sentido da estética, en carreira sen tregua cara ao máximo galardón do feísmo.Un panorama desolador, destructor da beleza coa que Natura dotou os nosos eidos.
É por iso que,namentres o destino o permita, voltaremos nas mañanciñas a curarnos destas saudades á praia da nosa nenez. aínda que, acaso, nunca mais nos atopemos co Gaiteiro de Llás.¡Qué mágoa!

















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



