Xoves, 17 de marzo de 2016.- O Grupo Provincial do Partido Popular solicitará de novo explicacións a través dunha pregunta en Pleno sobre as xestións do Goberno presidido por José Ramón Gómez Besteiro na Deputación de Lugo. O vicevoceiro dos populares, Carlos Armesto, lembra que “temos pedido en múltiples ocasións explicacións que non se nos teñen dado e segue o silencio como resposta a pesar de que se cumpre unha semana da imputación do líder dos socialistas”.
O popular considera que as dúbidas sobre a xestión do bipartito “lonxe de disiparse, seguen a ser cada vez maiores, incapaces de asumir a responsabilidade que lles corresponde ante os lucenses, ante unha investigación sobre corrupción” e tendo en conta, lembra Armesto, que “o actual equipo de Goberno é practicamente o mesmo que o de Besteiro, ao que o xuíz lle imputa seis delitos nesta causa”.
Armesto considera que o bipartito ten na sesión plenaria do martes 29 unha “boa oportunidade” para aclarar como afecta esta situación á actividade da institución e se pensan tomar algún tipo de medida ou pedir responsabilidades políticas. En concreto, os populares pedirán explicacións sobre os documentos nos que supostamente figura a contabilidade irregular da Deputación e as supostas listas negras con persoal marcado por estar vinculado co Partido Popular, aspectos que figuran no auto da xuíz, tal e como teñen recollido os medios de comunicación.
“Agardamos que cambien esta actitude, que rectifiquen, que non se convertan en cómplices necesarios ante unha xestión e uns feitos que como mínimo demostran un proceder irregular no manexo de fondos públicos de todos os lucenses e na xestión da primeira institución desta provincia. Hai responsables e teñen que dar a cara”, sostén.
O popular defende que o Señor Campos practicou a “estratexia da avestruz” agochando a cabeza e sen saír en ningún momento “nin tan sequera para lanzar unha mensaxe de tranquilidade”. “Non facemos oportunismo político, queremos explicacións, o mesmo que demandan os cidadáns”, engade.
Dano á institución pública
Armesto esgrime que con cada hora que pasa medran as dúbidas sobre as decisións que se teñen tomado en referencia as axudas públicas ou a programas como o km0 e ao propio funcionamento dos servizos esenciais da Deputación. “O único que conseguen é danar a imaxe desta institución”, lamenta o popular e “falamos de diñeiro público, de todos os lucenses, que merecen unha explicación”, engade.
O vicevoceiro dos populares lembra que no seu día o PP xa ten pedido información sobre esta Operación cando Besteiro era presidente “limitándose a botar balóns fora e a responder con evasivas”. “Xogaron á burla, tildaron a fiscalización do PP como círculo mediático e agora terán que dar estas explicacións en sede xudicial, mentres nos seguiremos facendo esa labor de fiscalización, seguimos reclamando explicacións aos seus compañeiros de Goberno”, matiza.
Ademais de danar a imaxe da institución, dende o Grupo Popular indican que esta circunstancia pode ter relación e xustificar a situación de parálise que actualmente vive a Deputación de Lugo. “Lamentamos as consecuencias prexudiciais que están a ocasionar na Deputación” e reproba que “hai quen como resposta arremete conta a xustiza e contra os que, preocupados pola institución, reclamamos actuacións”.
Resposta de Besteiro
Aínda que “imos respectar os tempos, a propia labor e dinámica da investigación da Xustiza”, Armesto tamén considera “reprobable” que Besteiro “abandone o único cargo que non tiña, que era o de candidato á Xunta. Segue sendo secretario xeral cando pesan sobre el 10 imputacións por dúas operacións xudiciais diferentes”. Armesto pregúntase como será o segundo candidato do PSdeG se o mellor candidato que tiñan ten dez imputacións.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



