Barreiros, 9 de marzo de 2016.- Os nenos do Ceip San Cosme de Barreiros realizaron este mércores unha excursión polo Occidente Astur. A primeira parada foi no concello de Vegadeo onde asistiron a un Obradoiro de Consumo, no Centro de Formación para el Consumo. Alí simularon unha compra e elaboraron un bolo preñao, procedendo despois o envasado e etiquetaxe.
A segunda parada, en Taramundi, onde viron o traballo dun artesán de coitelería e coñeceron as instalacións do Museo de los Molinos de Mazonovo.
Foi unha saída organizada polo Ceip coa colaboración do Concello de Barreiros.