A sección de literatura de tradición oral da AELG (Asociación de Escritoræs en Lingua Galega) propón visitar Mondoñedo para asistir a unha nova Polafía, unha revista oral que terá como tema central a figura da actriz mindoniense Manuela Rey. O que suceda nesta Polafía, como xa sucedeu en todas as anteriores, gravarase para incorporar ao arquivo oral da AELG.
O acto terá lugar na Casa da Xuventude de Mondoñedo o sábado, 2 de abril, ás 19.00 horas, e conta coas intervencións de Manuel Lourenzo, Chus Amieiro, Margarita Bermúdez, Andrés García Doural, Paco Piñeiro, Mª Paz Rodríguez Silva, Antonio Reigosa e Isidro Novo. A parte musical corre a cargo de Fran Bouso, Xulia Nogueira e Alberte Núñez.
Este acto conta co apoio da Deputación Provincial de Lugo e a Consellaría de Cultura e a colaboración do Concello de Mondoñedo.
Manuela Rey
Manuela Rey naceu en Mondoñedo en 1842. Como actriz tivo unha carreira rápida e brillante, ata converterse nunha das principais figuras da interpretación en Portugal. Morreu de tifo cando o éxito máis lle sorría, con só 23 anos.
Non se sabe con certeza como Manuela chega a formar parte dunha compañía de teatro ambulante que pasaría por Mondoñedo, pero con só seis anos xa subiu aos escenarios recitando versos e facendo pequenos papeis.
Aínda que hai outras versións da súa traxectoria, parece que Manuela chegou a Lisboa en 1856 formando parte dunha compañía española de teatro. Pouco a pouco gaña prestixio. En 1859 xa figura nunha listaxe de biografías de actores e actrices destacadas de Portugal e Brasil que se ía publicar baixo o título ‘Galería artística’, da autoría de Machado, Andrade e Ferreira. Ademais de actriz, escribiu algunhas obras, así como cartas, escritos filosóficos e apuntamentos autobiográficos.
Cando sucedeu a súa prematura morte, Manuela era a principal actriz do Theatro D. Maria II de Lisboa, o gran teatro nacional portugués. Díxose que o rei Pedro V se namorou dela, e que a seu enterro acudiron en masa os lisboetas.
Que son as Polafías?
As Polafías son un proxecto nacido en 2007 da man da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e que, con coordinación de Antonio Reigosa, ten como obxectivo recuperar usos de creación musical e literaria de carácter popular, por medio dunha adaptación das antigas xuntanzas tradicionais (fiadas, polavilas, etc) aos tempos actuais, nos que os recursos técnicos permiten darlle un carácter estable e con garantía de futuro á creación espontánea dos asistentes.
A principal diferenza, en canto ao desenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova proposta é que agora nos axudamos das novas tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo e estudo do recompilado, ata o uso de internet, para conseguir unha ampla difusión deste patrimonio.






















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



