26 de abril de 2016.- Moi vistosa e disputada esta penúltima xornada da LNB que tivo lugar o sábado na enxebre carballeira de Mosteiro, que ainda co regusto do pasado “All Stars”, nin se ocupou de peitearse e lucía abundantes e longas greñas en toda a extensión, facendo dificultoso atopar as billardas que fuxian dos golpes dos palanadores agochandose baixo un manto de espesa herba e follas secas.
Tempo variable. Ao comezo gozamos dun sol morno que docemente nos acariñaba, mais non tardou en ir trocando en amolante relente que sen chegar a ser frio, si foi abondo como para voltar a vestir alguna que outra prenda de abrigo.
Agardábase esta xornada para ver si algún dos de arriba pinchaba ou se distanciaba definitivamente cara o título de campión, pero as forzas están moi igualadas e todo sigue como estaba. Os tres primeiros manteñen seus postos con Markytos axexando pero con poucas opcions. So falta unha xornada e recuperar os dez puntos que lle farían falla para reter o título de campión, antóxase titánica tarea tendo en conta a calidade dos rivais, que non llo van por doado. En Remourelle a loita será feroz e sin trégola, e quen mais chifre será capador coroándose como novo Campión da conferencia Norleste.
Golpes con aparencia de doados, o chan de Mosteiro trocounos en soados erros dos palanadores, tendo estos, en moitos casos, que tentar manter o equilibrio ao tempo que acertarlle a billarda e mandala cara ao varal.
Nas tres primeiras carreiras, Daniel, Regueiro e Tomás levaban pleno, sendo éste último quén de dous soberbios trallazos, acadou sendos espectaculares varados (os únicos conseguidos na xornada) e levar unha moi merecida e sonora ovación. Nas seguintes carreiras, os tres pincharon permitindo que Markytos, Rubén e Jorge os adiantaran na puntuación e tomaran por asalto os tres postos do podio.
Markytos gañou con 23 puntos que o achegan ao cuarto posto na xeral, mentres que Rubén e Jorge tiveron que xogar o desempate, ámbolos dous con 21 puntos. Gañou Jorge que foi segundo e Rubén terceiro. Este xove e debutante palanador sube o podio por terceira xornada consecutiva.
En donas Geni non da alternativa (desta volta foi secundada por Bea e por Lucia), outro tanto fan en equipos os Billardeiros Musicais, os dous siguen en solitario gañando xornada tras xornada e alonxándosoe do resto como si xogaran noutra liga.
Así pois, agás Geni (dende fai xa varias xornadas campiona en donas) e Billardeiros Musicais (Campións por equipos), haberá que agardar a vindeira xornada, o vinteun de maio en Remourelle, para completar os postos de Campión absoluto e Campión de varados da tempada. Agardamos que a asistencia de palanadores e xeareiros sexa maxiva para que o peche desta competida liga se torne mais unha volta en festa rachada.
Por un representante de “A.C. Polca Pol Kultura aberta”, foi lido un manifesto en contra das minas na Terra Cha e a renglón seguido foron entregados os premios os gañadores do aberto. Billarda sempre!!
As clasificacións logo desta décima xornada quedan asi:
Individual:
Daniel 183 p., Regueiro 181 p., Pepe Outeiro 175 p., Markytos 173 p. e Manu Pozo 166 p.
Donas: Geni 136 p., Lola Eiras 68 p. e Paula 67 p.
Varados: Con 3 varados Tonecho e Tomás, con 2 Chousa, Geni, Luis Saavedra,Markytos, Oscar, Pepe Outeiro, Regueiro e Santi.
Equipos: Billardeiros Musicais 768 p., O Cadaval 645 p., Troitas Bravas 528 p.



















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
