Dende hai uns anos cada primavera observamos unha certa “contaminación” que aparece unha e outra vez en charcos e en auga estancada, tanto e asi que pode verse a simple vista pola estrada como unha especie de suspensión amarela de aspecto sulfúreo.
Aínda do que se poida chegar a pensar, isto non é culpa de ningunha factoría ou empresa senón que é un fenómeno natural e habitual por estes lares; e mais nesta época do ano. Coa chegada da primavera, mesmo nesta atípica, as plantas florecen e enchen o ambiente desas pequenas substancias que os alérxicos coñecen tan ben.
Os piñeiros, máis concretamente, producen unha gran cantidade de pole, en comparación co resto de plantas, que flota no aire. Este po fino acaba caendo o chan por efecto das chuvias e confundindo as persoas. E moi fácil se non temos un microscopio a man confundilo con verteduras químicas similares as que as veces por desgraza aparecen nos rios e mesmo no mar.
Inda que parece unha contaminación pola que lamentarse, os alérxicos estarán de bo humor posto que as chuvias eliminan do aire este alérxeno e poden respirar máis tranquilos.
Aitor Rodríguez
Biólogo
*Imaxe 1: “vertidos” no chan de rúas de Burela e Cervo. Elaboración propia.
*Imaxe 2: grans de polen do xénero Pinus que forman o po depositado por a chuvia na mariña. Elaboración propia.