Burela, 26 de abril de 2016.- O alcalde, Alfredo Llano, visitou este martes as obras de acceso ao porto, que en palabras do propio rexedor, “revolucionarán a entrada a Burela e tamén ás instalacións portuarias”. Llano contou que “os traballos están a quedar moi ben” e engadiu que salvo complicacións de última hora “o acceso ao porto estará listo a finais de xullo ou principios de agosto”.
O alcalde relatou que “fomos facer un percorrido alí polo acceso ao porto cos responsables da obra. Da gusto vela, porque está evolucionando dunha maneira idónea. Está véndose cada vez máis que vai collendo forma e fondo, que vai collendo moito sentido, incluso esteticamente está quedando moi ben”.
Llano dixo: “vánselle colocar unha serie de cuestións complementarias a todo o acceso, a zona vai quedar moi lucida con céspede e herba e vai quedar moi ben o percorrido de 1 quilómetro 300 metros que ten ese acceso ao porto”.
O rexedor comentou que “falando cos responsables da obra veñen indicarnos que, case con toda seguridade e salvo que ocorra algunha circunstancia que o impida, ao ritmo que van eses traballos rematarán as obras a finais de xullo ou en agosto. É unha obra moi singular e importante para o noso concello”.
Alfredo Llano explicou que “agora mesmo están traballando no que é a ponte para facer o cambio de vía, hai que volver a recolocar a vía nuns catrocentos metros aproximadamente para quede xa útil e para que se poida seguir a traballar en todo o percorrido ata a rotonda que hai na estrada de prolongación de Arcadio Pardiñas, alí na zona de O Perdouro”.
E engadiu que “outra cousa que estivemos mirando é como quedará o paseo marítimo do Cantiño, que quedará cuns accesos moi importantes, e será unha zona extraordinaria para ir e pasear. Ten unhas vistas preciosas. Vanse recuperar unhas zonas e vanse adaptar outras para aquelas persoas que queiran dar os seus paseos diarios por todo ese treito”.
Llano dixo que “imos procurar colocar un miradoiro alí na zona onde comeza o paseo do Cantiño. Imos intentar colocar unha zona bonita e agradable para estar un pedazo observando o que se pode ver desde alí, Foz, Ribadeo e incluso Tapia ademais do propio porto de Burela”.
O alcalde burelés subliñou que “vai ser unha obra moi importante para Burela. Vai revolucionar a forma de acceder ao porto e a Burela na zona onde están as praias, os negocios. Vai sacar moito tráfico sobre todo pesado da avenida Arcadio Pardiñas e polas rúas en xeral de Burela. E despois haberá un cambio total no tráfico con nova sinalización e novos trazados. Queremos facilitar que se conduza por Burela dun xeito idóneo e seguro”.
O rexedor amosouse satisfeito: “é unha obra singular e encamiñada a rematarse o antes posible”.



















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



