Covas, 26 de abril de 2016.- O martes 26 de abril tivo lugar unha actuación no CEIP Plurilingüe de Covas dos cantautores Mini e Mero.
O repertorio interpretado estivo formado por pezas adaptadas a nenos/as de infantil e primaria pertencentes ao disco “PUFF”. Non se esqueceron de deleitar co seu famoso “O Carro” e “O Aradiño” en honra a Manuel María. Os pequenos/as participaron das súas pezas facendo da xornada unha velada moi entrañable.