A Semana das Artes Plásticas na Mariña chega ao venres 15 de abril coa Arte nos Escaparates, de Foz, que se poderá ver en 18 comercios dende o 15 de abril ata o 15 de maio: 100 P´s zapatería (Martín Lestao), Chinela (Rodrigo García), Decoraciones Pura (Alberto Pena), Electricidade Núñez (Mauro Leivas), Farmacia Fátima Mañón (Juanel Ponte), Gasolineira (Héctor Manasé), Kukadas (Eva Rivas), Ginzo hombre (Pepe Blanco), Ginzo mujer (Cristina Basanta), Longarela (Adriana Pardo), Catorce Cero Catro (Álvaro Trincado), Librería Bahía antes (Lucía Vila, Zili Katova), Anduriña (cafetería pastelería) (Laly Santos), Lito piel (Neira Broch), Milar (David Catá), Xanela (Patricia Arellano), Maria do Campo (Laly Santos) e 5 Lobiños (Hipólito Xeada).
Distintos artistas da Mariña acercan o arte ao público
A xente terá á man nestes comercios uns trípticos nos que se indican tódolos establecementos que participan e os/as artistas que expoñen nel, ademais dunha obra dos mesmos. Estes mesmos folletos levarán un apartado para que os que queiran participar sinalen os seus datos persoais e teléfono por un lado e polo revés oito sitios para cruñar en distintos comercios. Ao final da experiencia farase un sorteo e o/a gañador/a poderá elixir un cadro dos expostos.
Exposicións
O venres 15 de abril, ás 19.00 horas, terá lugar na Casa de Cultura do concello de Burela a inauguración da exposición de traballos de arte feitas por escolares do colexio Vista Alegre e o IES Monte Castelo de Burela, cos que estiveron traballando as/os artistas: ADRIANA PARDO, HECTOR MANASÉ, ZILI KATOVA, BRUZOS aficionado á fotografía e TAMARA CASABELLA licenciada en Belas Artes. E este ano tamén participa na mesma alumnado de Aspanane de Viveiro cos que colaborou o artista Neira Broch.
En Ribadeo inaugurarase a exposición de XOSÉ VIZOSO, o venres 15 de abril ás 19.30 horas, na OMIC coa intervención do Concelleiro de Cultura, Xosé Farruco Graña e o propio artista, Xosé Vizoso.
A exposición estará nesta sala até o 30 do mesmo mes. O público terá á súa disposición un pequeno catálogo con algunhas das obras expostas.