A Mariña, 7 de abril de 2016.- Ata o día 20 deste mes de abril poden degustarse os Menús Arte_sans en dez restaurantes por iniciativa da Mancomunidade de Municipios da Mariña.
Os Menús Arte_sans son un proxecto turístico que ten como obxectivo principal “presentar unha Mariña feita de oficios artesáns e de gastronomía, unha mostra da tradición e da cultura que dan lugar á nosa forma de vida, para que se experimente de forma distinta e para gozala cos todos os sentidos”.
Ata o 20 de abril dez artesáns poñen os seus traballos enriba da mesa e dez restaurantes serven eses menús nesas pezas únicas en cada local. Con esta medida o que se pretende é contribuír á desestacionalización do turismo en tempada baixa á vez que se favorece o coñecemento da cultura local da Mariña Lucense a través dos seus oficios tradicionais e da súa gastronomía.
Os dez artesáns que participan nesta iniciativa da Mancomunidade de Municipios da Mariña son Otero Regal (ceramista de Viveiro), Miriam (ceramista de Viveiro), Francisco Fra (carpinteiro de ribeira de San Cibrao), Estéfano Gudín (ceramista de Cervo), as Redeiras de Burela, Lucía Catuxo (ceramista de Trabada), José Rodil (navalleiro de A Pontenova), Regina (restauradora de Mondoñedo), Miguel Ángel (carpinteiro de Mondoñedo) e Pilar Maravalla (artista de Ribadeo). E dez restaurantes da comarca (Area Grande, O Pantalán, O Asador, Río de Oro, Nordés, Casa Damián, Casa Franco, La Yenka, Parador de Turismo de Ribadeo e La Solana) serven as súas propostas gastronómicas nestas creacións ata o día 20 deste mes.
Esta iniciativa conta cunha páxina web na dirección www.menusartesans.com
Os que se acheguen a Area Grande poderán degustar: vieira con xamón; arroz caldoso con berberechos e mexillóns; pescada ao albariño e marmelo de queixo. O menú de O Pantalán está composto por cazoliña de gambón e zamburiñas ao pil-pil; lombo de pescada en prebe de ourizo; pastrami de tenreira con guarnición de shitake e postre caseiro. O menú do Asador é o seguinte: ensalada de lumbrigante con emulsión de mandarinas; cocochas de bacallau e ameixas en prebe verde; pescada do pincho de Celeiro con salteado de tallaríns e froitos do mar e minitosta de mazá e xeado. No Río de Oro ofrecen ovo con grelos, langostinos e crocante e allo; pescada en prebe de mar e terra; picaña de crema fina de allo e crema de queixo con chocolate relado. No Nordés pódese degustar ensalada de ventresca de Burela, queixo de cabra e kikos; revolto de algas e ourizos en salsa brick; merluza de Burela sobre arroz negro de chocos; tacos de boi, pementos asados e patacas e postres caseiros. En Casa Damián o menú está composto por cuarto de berberechos e cuarto de ameixas ao “lame, lame”; fabas de Lourenzá con polbo da Mariña; carne ao caldeiro e compota de mazá natural con requeixo e un manto de arándanos silvestres. En Casa Franco o menú artesán é o seguinte: caldereta (polbo, ameixa e cola de langostino); presa e secreto ibérico e postre caseiro. En A Yenka a proposta gastronómica é : luras enceboladas; cocochas de pescada e ameixas en prebe verde; peixe sapo en prebe de marisco e tarta da avoa con xeado de crema de oruxo. O menú do Parador de Ribadeo está composto por: táboa de queixo galego con marmelo; torrada de pan con salchichón de O Corgo; salpicón de maragota con vinagre de mazá; croquetón de lumbrigante; cuncha do peregrino gratinada; empanada de raxo; suprema de maruca rechea de navallas ao forno sobre cachelos e torta de iogur con prebe de amorodo e xeado de queixo do Cebreiro. E en La Solana: anchoas afumadas con virutas de manchego e piquillo; mini vieiras con crema de fabas; aperitivo de peixe do día á espalda; solombo de vaca rubia galega e surtido de postres caseiros.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



