Mondoñedo, 7 de abril de 2016.- Programa da visita a Mondoñedo dos Colectivos “Amigos do Patrimonio” de Castroverde e “Arcas” de Sarria. Guiados por membros da Asociación “Abrindo camiño” e coa colaboración do Concello de Mondoñedo
Sábado 9 de abril de 2016
11 h. Recibimento na Alameda dos Remedios, lugar de celebración da 1ª Festa da Árbore de España (ano 1569, sendo rexedor da cidade Luís de Luaces). Visita-explicacións do Santuario da Virxe dos Remedios e do Antigo Hospital de San Pablo.
11,30 h. Ofrenda e Lectura Poética no Cemiterio Vello
Achegamento en autocar ata as Campas onde están soterrados ilustres persoeiros de Mondoñedo e ata o Parque da Lembranza, onde se plantou un “caxigo e un loureiro” polos centros escolares da comarca na homenaxe de Manuel Leiras Pulpeiro, o poeta e médico “dos probes” “que amou a Verdade e practicou o Ben”.
12,00 h Centro de Interpretación do Camiño Norte de Santiago.
Saúdo polas autoridades e proxección do audiovisual “Polos Camiños de Leiras” dirixido por Matías Nicieza e narrado por Marina Mayoral e Antonio Reigosa. Visita guiada as salas do Camiño Norte.
13,00 h. Centro Cultural “A Casa da Xente” da Alcántara
Continuación do percorrido ata a Praza Jaime Cabot (lugar de ubicación dos Xulgados, da Escola de Música, do Auditorio “Pascual Veiga”, do Albergue Municipal do Camiño Norte de Santiago) e visita o Centro Cultural “A Casa da Xente” da Alcántara, onde se expoñen paneis biográficos, dedicado os ilustres escritores e músicos mindonienses: Manuel Leiras Pulpeiro, Álvaro Cunqueiro, Noriega Varela, Pascual Veiga e as Imprentas da Cidade.
13,30 h. Continuación do recorrido, con lecturas de poesías polos lugares relacionados coa vida e obra do insigne médico e escritor: casas vitais e de nacemento, lugares onde traballou (Sociedade de Socorros Mutuos) onde estudou (Real Seminario), etc.
14,30 horas Xantar.
16,30 horas. Barrio Artesanal dos Muíños Visita os obradoiros e Participación nunha demostración do “Xogo Tradicional da Chave” a celebrar no Anfiteatro dos Artesáns dos Muíños.
17,30 h Visita guiada a Basílica Catedral e ao Museo Diocesano.
18,30 horas .Continuación do Roteiro “Leiras Pulpeiro”. Desprazamento en autocar con visitas á Área Recreativa de “A Fervenza” de Viloalle, as Antigas fábricas “Electricista Mindoniense” (as mais antigas de Galicia 1892-1906) a Fonte de Augas Sulfurosas e a “Pena do Unto” do Castro da Recadieira. Lugares que Manuel Leiras, recomendaba polos seus valores paisaxísticos, etnográficos, medicinais e literarios.






















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



