Burela, 8 de abril de 2016.- O Concello aprobou no pleno de onte os orzamentos para este ano que ascenden a 6’9 millóns de euros. O alcalde, Alfredo Llano, cualificou estes orzamentos de “equilibrados “ e asegurou que “o Concello paga ao día aos seus provedores e a economía municipal está saneada”.
Llano manifestou que “tamén se aprobou unha cuestión que me parece moi importante e vai ser singular e novidosa na Mariña como un regulamento interno de acción voluntaria para o Concello. Esperemos que dea bo resultado e ademais sexa un bo medio para participar e compartir moitas cuestións que se poden facer no noso concello. Tamén se aprobou modificación da ordenanza de protección do medio ambiente en materia de ruídos e vibracións, que lles vai afectar aos locais de restauración, pubs e cafeterías especiais e que había que adaptala á normativa actual”.
O rexedor explicou que “tamén se acordou recuperar unha casa que se tiña cedida á unha asociación de mulleres pola igualdade de Burela, porque parece ser que non estaba suficientemente preparada para levar a súa actividade para adiante. Nosoutros fixemos esa recuperación para agora, a través da nosa propia iniciativa e a nosa responsabilidade, tratar de adaptala para o mesmo fin para o que foi creada no seu momento, que é acollida de mulleres vítimas de violencia de xénero”.
O alcalde de Burela subliñou que “o máis importante foi a aprobación dos orzamentos, que se incrementaron nun 4’5% con respecto aos do ano 2015. Son uns orzamentos pensados para atender todas as necesidades de servizos que ten o concello de Burela, pero despois loxicamente para procurar mellorar a cuestión social tanto no ámbito de políticas sociais como nas infraestruturas, como nos investimentos reais e pensando na xente necesitada con plans de axudas sociais. Todo foi encamiñado ao conxunto da poboación, pero tamén tendo en conta agora mesmo necesidades como o emprego para o que deixamos unha cantidade para facer convenios con diferentes empresas que podan favorecer o emprego”.
Alfredo Llano dixo que “hai que pensar que no plano dos investimentos temos unha cantidade moi importante que aporta o propio Concello que son uns 350.000 euros, pero hai que contar coas subvencións que nos poidan vir aportadas tanto pola Deputación como pola Xunta de Galicia. A partida de investimentos deste ano eu creo que, si todo vai ben, subirá dos 500.000 euros. Tamén deixamos unha partida para atender á Escola Infantil, imos procurar que a partir do mes de setembro comece a funcionar. E imos recuperar ademais a Festa dos Maiores, que era moi demandada e é unha oportunidade para que moita xente se poida reunir de forma periódica”.
Finalmente o alcalde de Burela salientou que “temos uns orzamentos que están perfectamente equilibrados, quero que se saiba que se están pagando ao día todas as facturas que están entrando no Concello, están saneadas as contas perfectamente e que temos un bo remanente. É un orzamento que, dentro das posibilidades que ten o concello, penso que é moi bo. Se trata de buscar as solucións para ir mellorando cuestións como o asfaltado das rúas, indicadores, xardíns, parques, prazas e beirarrúas, pensando en todo aquilo que sexa importante para Burela”. O rexedor lembrou que as taxas, impostos e prezos públicos non se incrementan.
Oposición
O rexedor rexeitou as acusacións realizadas nas últimas horas por parte dos populares sobre a concesión de subvencións por parte do Concello: “aquí entrou a democracia e a participación para proceder á concesión de subvencións, pois vamos dar subvencións en base a uns fundamentos nos que se vexa claramente porque se dan uns cartos a determinadas asociacións, pois teñen que ir sempre en función daquelo que aporten cada unha delas ao conxunto dos veciños de Burela. Fíxose tanto para deportes como para cultura e para outras áreas despois de reunir ás asociacións e decidir democraticamente cal é a mellor fórmula”. Llano pediulle ao PP que “por tanto que non nos veñan dando agora leccións porque cando tiveron a oportunidade non o fixeron”. E mostrouse sorprendido pola actitude do BNG: “o que mes estrañou moito foi que o Bloque votara en contra duns orzamentos que teñen carácter social. Deben ter unhas preferencias sociais parecidas ás nosas, pero non sei se o farían por chamar a atención porque, evidentemente, non tiñan por que votar en contra destes orzamentos, porque dentro das posibilidades están pensados para mellor a vida e os servizos do conxunto da poboación de Burela e pensando sempre no global, nunca no particular”.
Sobre as mocións presentadas ao pleno relativas ao arranxo de rúas, ao polígono do Perdouro e ao campo de fútbol o alcalde burelés contou que “desde o noso grupo presentamos emendas a esas mocións, porque as considerabamos incompletas, e finalmente aprobáronse por unanimidade. Consideramos que deben implicarse neses asuntos tanto a Deputación de Lugo como a Xunta de Galicia”.





















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



