Os rapaces e rapazas da Asociación Camiña participaron este mércores 20 de abril nunha actividade organizada por Gaia: unha charla-taller, impartida por persoal de xadinería do Concello de Burela. “Grazas a esta acción os rapaces achegáronse ao mundo da xardinería, ao traballo que realizan os xardineiros e ás ferramentas que utilizan. Ademais cada un dos usuarios prantou un bulbo nunha maceta que terá que regar e irá observando o seu crecemento”, explican as monitoras de Gaia. Esta foi a primeira das actividades que a Delegación de Medio Ambiente ten organizadas para conmemorar o Día Mundial da Terra que se celebra este venres, 22 de abril. A edil Noelia María Ben destaca “a importancia de coidar o noso planeta, que é o fogar de todos nós, e todos podemos contribuír á súa conservación con pequenas accións individuais como reciclar, aforrar enerxía, diminuír o consumo de papel, ser compradores responsables….”.






















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



