Lugo, 26 de abril de 2016.- A presidenta do PP de Lugo e voceira do Grupo Provincial do PP na Deputación, Elena Candia, celebra as declaracións publicadas este martes por un medio de comunicación do xefe de cardioloxía do HULA, Carlos González Juanatey, nas que asegura que o funcionamento independente da sala de hemodinámica permitirá incorporar novas técnicas e avanzar de cara a aumentar o seu horario de apertura.
A popular explica que, tal e como defende o xefe de cardioloxía, a aposta por unha ampliación progresiva do servizo “é clara e indiscutible”. Elena Candia valora tamén o anuncio de Juanatey no que avanza que o servizo de Cardioloxía do HULA ten capacidade para contratar un terceiro hemodinamista nun prazo breve e crear unha unidade independente.
“Imos contar con máis recursos o que irá en beneficio de todos os veciños e veciñas desta provincia”, subliña Candia, quen agradece as palabras e os avances que adianta un profesional autorizado e recoñecido como é o xefe de cardioloxía do HULA.
Valora así mesmo, as declaracións de Juanatey nas que precisa que “non futuro non moi lonxano” haberá un programa que cubra as 24 horas. “Estase a traballar por esta provincia, non só en Lugo senón tamén nos hospitais de Monforte e A Mariña coa implantación de novos servizos que demostran que temos a mellor sanidade das posibles e que os profesionais prestan a mellor das atencións”.
A popular coincide na necesidade de que as decisións que se tomen sexan valoradas polos xestores, pero tendo en conta a opinión e experiencia dos cardiólogos e os clínicos responsables da atención aos doentes.



















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



