Foz, 13 de abril de 2016.- Neste pasado pleno do Concello de Foz do 07 de Abril,“Foz,Plataforma de Futuro” presentou tres rogos ó alcalde e o seu equipo de Goberno para a súa realización no menor tempo posible.
O primeiro rogo consistía en pedirlle ó Alcalde e ó seu equipo de Goberno que procedan a sinalizar na estrada xeral que vai dende foz a Ferreira en ámbalas dúas direccións o local social de Santa Cecilia.
O segundo rogo consistía en pedirlle ó Alcalde e o seu equipo de Goberno que procedan a dar solución ás beirarrúas da rúa prolongación García Lorca, xa que cando chove xa se produciron numerosas caídas por ser moi esvaradías, entendemos que hai produtos para evitar este problema.
E o terceiro rogo solicitámoslle ó Alcalde e ó seu equipo de goberno procedan a limpezadas áreas recreativas de Peizás,Pampillosa e paseo de Riosmar, áreas que pasaron a semana Santa nun estado de abandono total.
Neste Pleno tamén “Foz,Plataforma de Futuro” realizou tres preguntas:
– ¿En que estado e que noticias hai sobre a reparación da N-642? xa que o tramo que discorre polo Concello de Foz podemos comprobar como se parou de reparar na parroquia de Fazouro e o treito que está nun estado lamentable como é o de Nois e mais Arealonga non se actuou sobre él.
Resposta:En principio executouse a primeira anualidade que era ata o límite de Fazouro e mais un tramo no límite con Burela e na seguinte anualidade iría ese tramo.
Dende FPF nos parece rirse dos veciños que os técnicos fixeran a primeira anualidade deixando ese tramo sen facer e por parte do noso Alcalde unha deixades absoluta e falta de preocupación nun tema de tanta importancia para o noso Concello e a Mariña en xeral.
-Queremos saber onde está a marquesiña que había diante da farmacia de Nois, e ó mesmo tempo queremos saber si se vai volver a colocar e onde?.
Resposta:A marquesiña está gardada na nave municipal, e vai volver a colocarse cando estea rematada a entrada da finca, posiblemente sexa mais pequena por falta de espazo.
-“No último pleno desta Corporación do mes de Febreiro, FPF preguntaba sobre un escrito que a asociación de veciños de San Acisclo rexistrara no Concello, dúas veces durante o ano pasado, solicitando un informe policial sobre a seguridade dunha marquesiña colocada nesta parroquia,( a resposta do Alcalde foi: o informe esta feito e nos vindeiros días recibiran dito informe), a data de hoxe esa asociación non recibiu dita resposta, volvemos a preguntar por ese informe xa que pasaron eses días que o Alcalde nos manifestou na súa contestación do ultimo pleno, e aproveitamos, o mesmo tempo, para preguntar por unha moción que foi debatida e aprobada por unanimidade no pleno do mes de setembro sobre o uso público duns terreos nesta parroquia na mesma zoa, gustaríanos saber en que estado se atopa esa moción e si se tivo resposta por parte da Consellería afectada.”
Resposta: O informe de seguridade viaria que tiñan pedido os veciños enviaráselles nos vindeiros días xa que está feito (mesma resposta que fai un mes) e sobre a moción presentada e aprobada en pleno dicir que foi enviada á Xunta de Galicia e non se recibiu contestación aínda.


















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



