Ribadeo, 13 de abril de 2016. A cuarta edición das xornadas gastronómicas denominadas Quincena del Mar, que organizan os restaurantes ribadenses San Miguel, Marinero e La Solana, desenvolverase desde este venres 15 ata o 29 deste mes. O primeiro día ás oito e media da tarde haberá unha presentación do evento aberta ao público e con degustación gratuíta, que se celebrará na sede do Real Club Náutico de Ribadeo, no porto de Porcillán.
O responsable do restaurante Marinero, Roberto Rivas, explicou que “vamos exaltar por cuarto ano consecutivo os restaurantes que estamos no porto de Ribadeo os produtos do mar que temos nesta zona. Gústanos facer isto unha vez ao ano con distintos pratos de pescados e algún marisco para a xente poida degustalos”.
O propietario e xefe de cociña do restaurante La Solana, José Blanco, comentou que “esta quincena dedicada ao mar estamos a preparala con ilusión porque é algo que facemos os tres establecementos en colaboración. É algo distinto ao que fas normalmente, cando traballas ti só. É coa intención de atraer xente ao peirao, unha zona que no verán está moi solicitada pero o resto do ano queda un pouco apartado, pero segue habendo peixe e segue preparándose todo igual de ben ou mellor. Este ano ademais, para tentar que a xente se decate un pouco máis, este venres, día 15, a partir das oito e media da tarde faremos unha presentación destas xornadas e imos facela no Real Club Náutico de Ribadeo, onde daremos unha pequena charla para explicar en que van consistir, informar á xente do porqué deste evento e despois convidaremos a todo o mundo a uns petiscos e a uns viños para todos os que queiran acompañarnos nesta inauguración”.
E en representación do restaurante San Miguel o seu responsable, José Ramón Rodríguez, deu a coñecer que “un ano máis nestas xornadas imos preparar unhas pequenas racións, a un prezo módico de 6 euros, e uns pratos cos que tamén imos facer un esforzo para poñelos a uns prezos alcanzables. Serán elaborados con peixes e algún marisco da zona. Teremos tamén un menú degustación, que incluirá tres entrantes e un prato de peixe, con sobremesa caseira e un viño recomendado, que esta vez será Anxo Martín, un viño da Roseira, da adega Martín Códax, que cremos que está moi rico e merece a pena probalo. Este menú tamén terá un prezo alcanzable: 30 euros. Esperamos que veña moita xente para gozar destas xornadas un ano máis, pois xa é a cuarta edición consecutiva que organizamos”.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



