Fai 115 anos (1901) chegaba a Foz o poeta A. Noriega Varela, mestre destinado á escola de Fondós, que en 1749 fundara desde Perú o emigrante focego Pascual Villaamil. A escola, coa casa e o horto, facían un bó partido para as mozas casadeiras. O párroco, D. Antonio L. Grueiro, amigo do poeta, quería casalo con certa feligresa: “é a que che convén, Antón”; lle decía. “Pro non me ven ó corpo, señor cura”.” O tempo abrirache os ollos: por de pronto ten moitos leiros”.—“Sí, pero eu son mal obreiro. Se os ten que os sache; que os sache ela, señor cura”. Mais tarde Noriega casaba en Foz con Ramona Bello Martínez, do barrio de Queinzal, na Corredoira: muller boa, inxenua e sen malicia; unha infelizota, según a describe Trapero Pardo. Non ía co carácter do poeta, irónico, ceremonioso e moi retranqueiro, que mesmo non se gardaba de amosar en público a inxenuidade da dona. Ela cantaba moi mal e nuns versos dille Noriega: “Ramona, ¡fas ben cantar!; / eu tamén che vou beber,/ que non nos ha de faltar/un día para morrer/ e outro para nos enterrar”.
Dos tres fillos nados en Foz, dous finaron cedo.Ó primeiro dedicou o soneto: “Fillo do corazón, que nas meniñas / dos teus ollos levache os meus amores,/ descansa eternamente sobre flores,/ que non tei olvidar entre as espiñas…/Pido que a triste vida se me acorte: millor quero ir para o camposanto /que vivir recordando a túa morte!”.
Unha tarde que dormía a sesta, en coarto mesmo enriba da cociña, de súpeto o espertou o ruído duns cacharros de barro que Ramona fregaba no aguadeiro da cociña.O estourido fixo que o poeta berrase:”¿Qué foi eso,Ramona?”— “O demo, Noriega, o demo”. Así naceo o poema:” Das millentas falcatrúas/ que nos fan e que facemos/ ¿a quén se bota a culpa/na miña parroquia?: ó demo./O demo apaga os candiles,/ o demo queima os palleiros./ Entra o demo nunha casa / e anda todo ós catro ventos/.… él é quen me tenta a mín sempre que publico versos;/ i-ás mozas que están pra diante/ tamén as tentou o demo”.
Xa ausente de Foz (1911), cada ano volvía ó San Lourenzo. En ocasión que paseaba polo peirao víu como seu vello amigo Pedro, fotógrafo “do minuto”, instalaba os bártulos de traballo diante dunha chavola que facía de matadoiro e carnicería. Tra-lo saúdo de rigor, o poeta dixo ó amigo: ”El premio Nobel mereces/Pedro, por tus fechorías, /pues donde degüellan reses haces las fotografías”.




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



