Foz, 6 de abril de 2016.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, espera contar co apoio dos concelleiros do PSOE para aprobar a resolución por mutuo acordo do contrato de abastecemento de auga e depuración coa empresa Gestagua no pleno da corporación municipal que se celebrará este xoves ás 20:30 horas.
Sobre esta sesión o rexedor municipal manifestou hoxe que “o asunto máis importante é o da rescisión de forma bilateral e amigable do contrato de xestión da auga potable entre o Concello e Gestagua, un asunto que ten que aprobar o pleno con maioría absoluta, ou sexa cun mínimo de 7 votos favorables. Ante esta situación os concelleiros do goberno municipal do Partido Popular vamos votar a favor, porque entendemos que esa rescisión do contrato é o máis favorable para os intereses do Concello de Foz. Así resólvese como se vai pagar esa débeda dun millón de euros, non se segue ocasionando máis débeda e, sobre todo, o máis importante é que se evita un contencioso que pode levar ao pago, a maiores da propia débeda, duns intereses e de danos e prexuízos. Polo tanto a aprobación da resolución do contrato é o máis favorable para o Concello. E como se necesitan dous votos máis a favor, a maiores dos do Partido Popular, entendemos que debe ser o Partido Socialista, do señor Cancio e da señora Veiga e demais, o que apoie a aprobación da resolución deste contrato”.
Javier Castiñeira especificou que os motivos polos que considera que os socialistas deben votar a favor deste asunto “son que foi o goberno municipal do Partido Socialista, no ano 2007, o que prorrogou o contrato con Gestagua e o que aceptou as condicións de actualizar os prezos anualmente por unha fórmula; esa aprobación foi defendida como portavoz, no seu momento, polo señor Cancio, que despois deambulou por outros partidos pero agora volve ter responsabilidades no Partido Socialista de Foz. Polo tanto debe ser o PSOE, que prorrogou o contrato con Gestagua, o que agora axude a resolver o problema da débeda. E hai outro motivo máis, xa que o Partido Socialista xunto con Unifoz foron os que no mandato pasado non quixeron actualizar os prezos, a pesar de que o alcalde lles dixo que isto ía ocasionar unha serie de débedas. E loxicamente estas débedas que agora temos por non telo actualizalo, porque votaron en contra o Partido Socialista e Unifoz, ambos vinculados co señor Cancio, é outro motivo para estar agora á altura. E outra das razóns é que no ano 2013, cando vimos que a fórmula era necesaria, foron o Partido Socialista e Unifoz os que votaron a favor de facer un estudo para ver cal era a débeda xa con esa fórmula resolta”.
Por todo isto o alcalde manifestou que “a responsabilidade do goberno vai asumila o Partido Popular, pero o Partido Socialista tamén debe contribuír a solucionar este asunto votando a favor da resolución amigable do contrato para non seguir acumulando débeda, darlle solución a ese contencioso que existe entre a empresa e o Concello e iniciar un novo contrato no que, ademais de dirimir cales van ser as taxas que paguen os usuarios, debe ser o propio servizo o que asuma a débeda. Así soluciónase un problema enorme que estamos a ver que pode levarnos a uns custes para o Concello dun millón de euros ou algo máis. Polo tanto pídolles responsabilidade aos concelleiros do Partido Socialista e solicítolle ao señor Cancio que interceda ante os seus compañeiros para solucionar isto. E aí veríase certamente a altura á que estamos hoxe en día, mirando polos intereses xerais e evitando maiores problemas no Concello de Foz”.


















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



