Ribadeo, 25 de abril de 2016.- O alcalde, Fernando Suárez Barcia, cualifica de “temeridade” pretender que os funcionarios do Concello tramiten as declaracións da renda dos ribadenses “despois de ter recibido unhas breves charlas da Axencia Tributaria”.
Suárez Barcia manifestou ter recibido “con tristura e non saímos do asombro por esta resposta que nos deu a Axencia Tributaria, que nola da a través dos medios de comunicación porque a día de hoxe aínda non temos resposta escrita no Concello, dicindo que é incerto que si se pode facer a declaración da renda aquí e que ben podíamos nosoutros formar a funcionarios do Concello para que foran eles quenes fixeran a declaración da renda aos veciños que así o quixeran e que ademais esta situación é moi inxustificada e algo inédita”.
O alcalde ribadense cre que “ven a conto moi ben aquel dito de zapateiro aos teus zapatos, os funcionarios da Administración Local do Concello están a desempeñar as súas responsabilidades de acordo coa súa formación, a súa especialización e as súas competencias”.
Fernando Suárez entende que “sería unha temeridade e un mal servizo á cidadanía e seguramente tamén un desastre para os intereses dos usuarios e usuarias do servizo da declaración da renda, que despois dunhas breves charlas informativas dadas pola Axencia Tributaria, os puidésemos considerar a estes funcionarios igual de profesionais e especialistas que os da propia Axencia Tributaria. A explicación é unha cuestión ben sinxela, un médico que é funcionario e coida aos enfermos non pode regular o tráfico, esa é unha función que aínda sendo funcionario faina un policía. Son escusas puerís de quen non está comprometido de verdade co achegamento da administración ao cidadán, moito discurso e moita palabrería de que hai que achegar a administración á xente, pero despois acábanse de cargar un servizo que levaba once anos funcionando de común acordo entre a Axencia Tributaria e o Concello de Ribadeo. O Concello aboaba os gastos que lle esixía cada ano a Axencia Tributaria e era desempeñado ademais por un auténtico profesional da Axencia Tributaria que se desprazaba a Ribadeo e a satisfacción dos usuarios era unánime”.
Finalmente o alcalde ribadense subliñou que “eu reitero o cabreo e o desgusto que hai en Ribadeo. É certo que para estar en funcións este goberno do Estado, este Ministerio de Facenda podería facer as cousas doutro xeito. Pero insisto en que aló eles co que están facendo porque a xente non é parva e o que se respira en Ribadeo é unha sensación de cabreo magnífica”.




















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



