Ribadeo, 25 de abril de 2016.- A Concellaría de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres fan unha valoración positiva das IX Xornadas de Abordaxe Integral da Violencia de Xénero desde o ámbito local celebradas durante os pasados venres e sábado en Ribadeo. Nelas participaron máis de medio centenar de persoas e desenvolvéronse baixo o título Ningunha agresión sen resposta.
A concelleira de Igualdade, Mari Luz Álvarez Lastra, salientou que “por primeira vez se tratou o tema da violencia obstétrica ou o tipo de violencia exercida polo profesional da saúde sobre o corpo e os procesos reprodutivos das mulleres. Ademais contamos coa presenza de Javier G. Teruelo, que ven de publicar o libro Análisis de feminicidios de género en España en el período 2000-2015”.
A edil nacionalista dixo que “este catedrático de Dereito Penal a raíz do estudo criminolóxico baseado en mil casos conclúe que o delincuente que asasina a mulleres non ten nada que ver co delincuente clásico que intenta evitar ser descuberto. Por outra parte, sinala dúas cuestións fundamentais que é necesario identificar os casos de verdadeiro risco e cre que hai que actualizar as ferramentas que o sistema actual ten para tal finalidade. E ademais a necesidade de crear un sistema de protección para as mulleres sen necesidade de que exista denuncia”.
A directora do CIM, Luisa Couceiro, explicou que “o sábado contamos con dúas experiencias educativas similares que pretenden introducir a igualdade de xénero nos centros educativos desde o alumnado, como é o caso do Comité Lila do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e desde a dirección a través dun plan de igualdade no centro educativo como fixo o CEIP Príncipe de Asturias de Tapia”.
Couceiro engadiu que “logo tivemos a oportunidade de escoitar a Miguel A. Arconada, un referente a nivel estatal no campo das novas masculinidades no ámbito coeducativo. Falou dos diversos tipos de homes e recalcou como non é o mesmo que un home sexa non machista a que iso signifique que este suxeito é un home igualitario. Pola tarde contamos coa psicoterapeuta do programa de atención psicolóxica ás mulleres que sofren violencia de xénero, Concha Rodríguez, e rematamos coa presentación do libro de Fiadeiras Machismos de micro nada”.
Finalmente a directora do CIM indicou que “por problemas de última hora a asociación Bilgune feminista non puido acompañarnos para falar das agresións sexistas nas aglomeracións nos contextos nocturnos e de ocio, mais esta charla trasladouse para o próximo venres, 29 de abril, ás 20:00 horas na Casa das Letras”.
Desde a organización sinalan que as xornadas remataron cunha ampla participación e cun nivel alto na calidade dos e das ponentes.





















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



