O Valadouro, 6 de abril de 2016.- O deputado José Manuel Yanes Ginzo comunica que na mañá deste mércores o Grupo Provincial do PP rexistrou unha pregunta dirixida ao presidente da Deputación de Lugo a través da que se interesa polo número de universitarios beneficiarios da subvención concedida pola institución lucense ao Concello de O Valadouro para o financiamento do Programa Piloto de Formación e Emprego en Agricultura Ecolóxica.
En concreto, os populares piden saber: “Cantos universitarios foron destinatarios da subvención excepcional outorgada pola Excma. Deputación ao Concello do Valadouro, polo importe de 215.000 euros, co obxecto de colaborar no financiamento do Programa Piloto de Formación e Emprego en Agricultura Ecolóxica, executado polo Concello ao longo das anualidades 2013, 2014 e 2015”.
O deputado explica que dende o Grupo Provincial do PP trasladan esta pregunta ao presidente da Deputación xa que, unha vez estudado o expediente relativo á aprobación de dita conta xustificativa, “non temos claro que se acadaran os fins para os que foi outorgada a subvención”, é dicir, para a colaboración do sistema de formación teórica e práctica dos universitarios.
O convenio regulador da referida subvención directa excepcional, aprobada en decembro de 2013, reflicte que esta achega económica realízase con cargo a liña 5 do Plan Estratéxico de Subvencións, titulada ‘Ensinanzas Universitarias’, para proporcionarlle aos alumnos universitarios a posibilidade de abrirse camiño no mercado laboral como posuidores dunha formación oficial avantaxada. Na memoria remitida polo Concello á Deputación non clarifican o número de alumnos universitarios que foron destinatarios desta subvención polo que “dentro da nosa labor de control e fiscalización, queremos coñecer se realmente se cumpriron cos fins para os que outorgada a subvención”, matiza a popular.


















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.



