Lugo, 30 de abril de 2016.- A presidenta do Partido Popular de Lugo e voceira do Grupo do PP na Deputación, Elena Candia, anunciou este sábado que os populares levarán ao próximo pleno da institución lucense unha iniciativa a través da que instarán á administración a que se acorde a creación dun ente provincial de turismo.
Candia explica que esta moción nace das conclusións que se obtiveron durante a mesa de traballo sobre turismo convocada pola executiva do Partido Popular da provincia de Lugo e liderada pola quiroguesa Rosa Arza (coordinadora de turismo no PP de Lugo) e polo alcalde de Sober e presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián.
A presidenta dos populares explica que é necesario a creación deste organismo provincial de turismo co obxecto de que ampare a todos os entes vinculados co sector na provincia e, deste xeito, se podan coordinar tamén as liñas de traballo coas distintas administracións públicas. É dicir, “trataríase dun ente encargado, por exemplo, de marcar as liñas de promoción turística, de administrar os recursos turísticos de toda a provincia e mesmo de pedir as subvencións relacionadas con este sector”.
Candia asegura que esta iniciativa, deseñada en colaboración directa e estreita con representantes do sector, ten unha clara finalidade, a de darlle un pulo ao sector turístico e traballar a prol de promoción turística integral da provincia.
A maiores, durante a reunión da mesa de turismo da executiva do PP, tamén se avaliou a situación actual do sector e se estableceron outros puntos claves nos que incidir e que necesitan de actuacións inmediatas. Así, citáronse carencias na sinalización de monumentos de gran valor cultural e turístico, falouse tamén da necesidade de que haxa unha maior asistencia ás feiras internacionais de turismo, un maior contacto cos tour operadores e mesmo da importancia de crear unha marca única para a promoción dos produtos gastronómicos da provincia.
Na xuntanza dos populares tamén se defendeu a necesidade de fomentar a creación de festas de recreación histórica, así como a organización dun maior número de actividades dirixidas á xente maior, para o que se require ter máis contacto con asociacións vinculadas con este colectivo.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



