Lugo, 5 de abril de 2016- O subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, recibiu este martes no seu despacho ao delegado do Ministerio de Defensa en Galicia, Juan Carlos Sancha Orduña, na que foi a súa primeira visita oficial á cidade de Lugo dende que tomara posesión en xullo do ano pasado. O coronel estivo acompañado polo subdelegado de Defensa na provincia, Ricardo Jesús Suárez Delgado.
No transcurso da xuntanza, Ramón Carballo e Juan Carlos Sancha abordaron algúns dos ámbitos de actuación do Ministerio de Defensa na provincia de Lugo.
As Delegacións de Defensa son órganos territoriais que se constitúen no ámbito das Comunidades Autónomas e nas cidades de Ceuta e Melilla, para a xestión integrada dos servicios periféricos de carácter administrativo do Ministerio de Defensa e dos seus organismos públicos.