Ribadeo, 27 de abril de 2016. A décimo primeira edición do Ribadeo de tapeo, que organiza o Concello, terá lugar do 21 ao 29 de maio. Serán medio cento de establecementos hostaleiros os que ofrezan as súas creacións durante eses días, segundo deu a coñecer esta mañá a concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, Ana Martínez. Unha das novidades deste 2016 serán os Cantos de Taberna e outra a elaboración da tapa do mercado, que se poderá degustar de balde na praza de abastos os dous sábados do Ribadeo de tapeo.
A edil nacionalista dixo que “Ribadeo de Tapeo, un evento organizado polo Concello de Ribadeo, cumpre xa 11 anos de vida. É un dos concursos máis antigos de Galicia e ano tras ano ven colleitando cada vez máis éxito tanto entre o público como entre os seus máximo protagonistas, que son os profesionais dos establecementos da hostalería ribadense”.
Martínez subliñou que “esta cita é un dos nosos mellores escaparates gastronómicos que este ano se celebrará entre os días 21 e 29 de maio. É un espazo onde compartir novas ideas e propostas desta cociña en miniatura, un espazo onde fomentar a nosa cultura da tapa, tan típica de Ribadeo”.
A concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio indicou que “nós como organización queremos buscar a excelencia do sector, así como apoiar o consumo local, o traballo en rede e a sinerxia entre todos os profesionais do sector. Polo que este ano ademais das tapas da hostalaría intégrase a tapa do mercado, elaborada cos produtos dos praceiros/as que nos permitirá degustar de balde o valor do local durante os dous sábados do Ribadeo de Tapeo, na praza de Abastos”.
Ana Martínez manifestou que “esta edición, que dará comezo o día 21 de maio e rematará o 29 de maio, conta con 48 participantes da hostalería local que nos presentarán a súas diferentes propostas e que de seguro serán moi atractivas e apetitosas. A dinámica do concurso ven sendo máis ou menos semellante ás edicións anteriores, e como novidade engadimos unha actividade para nós especial, levamos varios anos tanteando cómo introducila e cremos que o Ribadeo de tapeo pode ser un bo momento para iniciar a primeira edición dos Cantos de Taberna. Con eles pretendemos recuperar a tradición ribadense de xuntarse para cantar nos bares ao carón dos amigos e das amigas”.
A concelleira ribadense contou que “para participar nos cantos será preciso unha inscrición previa, que estará aberta a partir do 6 de maio. A inscrición se poderá facer ben na oficina de turismo ou na oficina do ADL. Os grupos deberán estar conformados por un mínimo de 5 persoas e un máximo de 10. Os/as interesad@s en participar deberán contar no seu repertorio cunha canción popular de arraigo Ribadense. Cada grupo disporá dun pasaporte que irá selando en cada establecemento e que será o pase a unha cea de balde para todos e todas participantes de forma conxunta, que se celebrará a fin de semana seguinte do Ribadeo de tapeo”.
Ana Martínez engadiu que “como nos anos anteriores contaremos coa aplicación móbil Ribadeo Gastrómico e ademáis integraremos noutra aplicación das principais concursos de Galicia” e tivo palabras de agradecemento para todos os que participan nesta cita: “quero aproveitar para agradecer á hostalería de Ribadeo pola súa participación no concurso, porque sen eles sería imposible facer tal evento, así como os agasallos que doarán para os premios que se repartirán entre o publico premiado. Non me queda máis que convidar a participar deste Ribadeo de Tapeo a todo mundo, e en especial a veciñanza da mariña e de occidente Asturiano. E sen máis larpeiros/as do mundo, unídevos e vinde cantar e comer a Ribadeo”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



