Mondoñedo, 28 de abril de 2016.- O C.C. 7Voltas organiza a VI Ruta Rei Cintolo, segunda proba do Open de Galicia Btt Maratón (XCM) o 8 Maio do 2016. A parte da carreira paralelamente organízase unha ruta cicloturista. A ruta consta dun percorrido de 35 kilómetros aproximados e un desnivel de 1200 metros, ó que se darán dúas voltas. Establécese un fora de control de 2h 30 no Kilómetro 35 da proba .
Poderase participar nas seguintes categorías: femias, Elite/sub23 , Master 30,40,50/60, cicloturista.
A inscrición e o pago faranse a través da paxina web www.championchipnorte.com, non se aceptarán inscricións o día da proba. Será obrigatorio presentar a licencia en curso.
A saída será o Domingo 8 de Maio ás 10 da maña da praza da Catedral de Mondoñedo.
O prezo da inscrición será de 15 € só inscrición e con dereito a comida 25 €, para os non federados o prezo será de 30€ solo ruta e con dereito a comida 40€. Acompañantes 10 €, menores de 12 anos gratis.
A retirada de dorsais será o sábado 7 de Maio de 19:00 H a 21:00 h na casa da cultura (rua Alfonso VII) 3º piso, ou o día da proba de 8:00 h a 9:30 h na praza da Catedral.
Coa inscrición os participantes teñen dereito a:
toma de tempos con chip, trofeos para os tres primeiros de cada categoría, obsequio regalo para os 300 primeiros inscritos, avituallamento no recorrido e o finalizar a proba, lavado de bicis, duchas, vehículos ao longo do percorrido por se fose necesario recoller participantes, servizo de ambulancia e medico, comida ao remate da ruta 15:00 h (especificado na inscrición).
A orde de posición na parrilla determinarase pola clasificación xeral individual do open. Os 25 primeiros clasificados ocuparan as 25 primeiras posicións, o resto de participantes colocaranse a continuación por orde de inscrición.