A Deputación celebrou este martes unha mesa sectorial coa Asociación Gallega de Empresas de Tecnologías de Información y Comunicación Lugo (AGESTIC LUIGO) para definir novas accións formativas do LUGOWORK, o primeiro plan de emprego xuvenil participativo da provincia. Esta programación está dotada de 2 millóns de euros, que o organismo provincial foi capaz de captar da Unión Europea a través da Escola de Organización Industrial. Ofrecerá a un mínimo de 300 mozos lucenses no paro formación sobre os nichos de emprego, que precisamente están a definir Deputación e sectores produtivos. Logo da formación, concederanse axudas económicas para a contratación dos rapaces en empresas da provincia ou para a apertura dos seus propios negocios.
Este martes con AGESTIC, ademais de técnicos provinciais, estivo o o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Deputado de Participación Cidadá e Transparencia, Pablo Rivera Capón, que avanzou que este colectivo demanda accións formativas concretas en aspectos como a seguridade de internet e da información; o internet das cousas; desenvolvemento web; creación de contidos online ou maquetación, entre outros.
AGESTIC subliñou tamén a importancia da formación transversal dos profesionais das TIC’s, para buscar unha maior alfabetización dixital na cidadanía, co fin de sensibilizar ao público en xeral da importancia das tecnoloxías da comunicación e información. Rivera Capón coincidiu na “necesidade de implantar na sociedade estes novos coñecementos” e apostou por “elaborar actuacións por bloques temáticos que sexan de carácter eminentemente práctico, buscando empresas da provincia de Lugo nas que facer prácticas e onde poidan adquirir e reforzar coñecementos”.
Neste senso, Rivera Capón, subliñou “o compromiso da Deputación co ámbito das novas tecnoloxías e comunicacións, non só polo impulso que lle damos na propia administración, senón tamén a través da Fundación TIC”. O Deputado de Participación e Transparencia lembrou “a grande labor que se fai cos maiores da nosa provincia a través do INLUGO, co que ofrecemos obradoiros de novas tecnoloxías encamiñados a formar en novas tecnoloxías aos máis maiores, impulsando deste xeito a alfabetización dixital”.
7 mesas sectoriais
Coa mesa sectorial que tivo lugar este martes, o organismo provincial xa mantivo 7 encontros con empresarios e asociación de diferentes sectores económicos da provincia de Lugo. O organismo provincial reuniuse con membros da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo; coa Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APEC); coa Fundación Laboral da Construción; coas Mulleres Empresarias da Provincia; con APREVAR, coa Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE), así como cos Asociación Gallega de Empresas de Tecnologías de Información y Comunicación Lugo (AGESTIC).
O xoves, día 12 de maio, será o turno da Asociación de Transformación da Madeira. Rivera Capón animou a todos os empresarios a facer as súas propostas, que tamén se poden trasladar directamente dende internet, en www.deputacionlugo.gal.
En xuño, Deputación e EOI teñen previsto presentar a programación das accións formativas do LUGOWORK.
LUGOWORK
LUGOWORK ofrecerá formación gratuíta a un mínimo de 300 desempregados lucenses de entre 18 a 30 anos para a súa inserción laboral en empresas da provincia, que recibirán axudas de ata 4.200 euros para os custos salariais e da seguridade social dos novos traballadores; ou por conta allea, opción que fomenta o emprendemento e na que os mozos contarán con ata 3.000 euros para abrir os seus propios negocios.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



