Cervo, 11 de maio de 2016.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) manterá un encontro coas empresas madeiristas para establecer medidas que eviten o deterioro das pistas polas que se fai o transporte despois das talas. Foi un dos temas abordados na xuntanza celebrada este mércores en Santiago de Compostela polo Consello Federal da FEGAMP, organismo do que é vicepresidente primeiro o alcalde de Cervo, Alfonso Villares.
Villares explicou que nesta xuntanza “expuxéronse todos os traballos que levamos realizando durante os últimos meses dende a FEGAMP. Comentamos temas con respecto aos GES, concretamente o convenio que firmamos a finais deste ano pasado, no que houbo modificacións importantes e positivas con respecto ao anterior. Tamén demos conta doutro convenio que se firmou entre a FEGAMP e a Consellería de Servizos Sociais, o que vai permitir a aqueles concellos que están no Consorcio establecer cales son os pagos que teñen que facer con respecto ás garderías, aos centros de día e ás residencias que están no Consorcio”.
O rexedor cervense engadiu que “tamén comentamos a creación dunha comisión de facendas locais para estar preparados cara os novos retos que veñen a partir deste próximo ano e onde queremos elaborar un traballo con respecto a ter ben definido cales son as obrigas que deberíamos desde o municipalismo, desde os concellos, e tamén coa súa correspondente fonte de financiamento”.
Alfonso Villares subliñou que “houbo tamén preguntas por parte de distintos compañeiros alcaldes da zona sobre a reunión que os distintos voceiros da FEGAMP imos ter co cluster da madeira por unha problemática que nos preocupa a moitos concellos de A Mariña e tamén doutros lugares: a extracción da madeira está sendo unha fonte de ingresos sen dúbida para moitas familias en moitas zonas, pero tamén está a causar moitos problemas nas pistas polas que teñen que transitar os vehículos que transportan a madeira. Nós, desde a reunión que tivemos na FEGAMP, xa decidimos establecer un encontro co cluster da madeira para intentar poñer un pouco máis claro e definir que polas pistas hai que transitar pero teñen que quedar en bo estado”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



