A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) iniciou un proxecto cultural, EnREDarte, que engloba diferentes disciplinas como fotografía artística, escritura creativa, pintura, teatro, danza contemporánea e música tradicional, no que están a participar máis de 200 persoas con discapacidade e usuarias de entidades e centros de toda Galicia que forman parte de COGAMI.
Unha destas entidades que participa no programa EnREDarte é A Mariña COGAMI, que iniciou o taller de fotografía artística denominado Enfoques no centro de recursos que ten en Palmeiro (Urbanización Palmeiro s/n- A Rigueira, Xove). Durante 18 sesións presenciais, os martes e mércores en horario de 11:00 a 13:00 horas, 5 persoas usuarias da entidade (3 homes e 2 mulleres) van aprender as normas básicas da fotografía para ter unha boa base de coñecementos que lles permitirán fomentar a creatividade e desenvolver aptitudes e actitudes para afianzar as súas habilidades.
Financiado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, este curso impárteo Javier Arca Uría, que ten por finalidade poder lograr que as persoas que asisten ao curso acaden unha boa base de coñecementos fotográficos e, ao mesmo tempo, fomentar o espírito creativo e artístico de cada unha das persoas participantes.
O importante destes obradoiros é que as persoas participantes potencien as súas capacidades artísticas e que superen as dificultades que poidan atopar nesta aprendizaxe e/ou participación. Nisto traballarán durante os meses de maio e xuño.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



